venres, 28 de decembro de 2012

Feliz Día dos Santos Inocentes


É a imaxe do día, xa o foi onte nas redes sociais. Na miña modesta opinión ben a substituír moitas anteriores igualmente censurables, mais a memoria é tan fráxil!!!

Por iso, como hoxe é o Día dos Santos Inocentes déuseme por reflexionar; tirar de fototecas e preguntarme en voz alta, quen son aquí os inocentes: os parlamentarios ou que os votamos?


Teño visto outras fotos do Parlamento de Galiza máis baleiro. Tamén o teño presenciado en vivo cando por algún motivo acudía as oficinas de certo partido político ou traballei no seu interior. Tanto era, que incluso os propios compañeiros do deputado que estaba no estrado, estaban ausente, sendo o máis habitual atopalos na cafetería. Acudían á hora de votar, porque lles tocaban a campá.


No Parlamento español e sobre todo no cemiterio de elefantes, tamén é demasiado habitual que a fin de mes cobren sen dar pancada. Igual é porque parte do seu soldo está suxeito ao IRPF!!!
Iso si, as dietas, que igual dobran o triplican o soldo, están limpas de polvo y paja.



E que sería dos nosos rexios políticos sen a súa sesta? Estes igual pensaron, os que veñan detrás que arreen... e vaia se arrean!!!



Este daquela aburríase como unha ostra, magoa que agora sexa el o que nos aburra con tanto recorte, iso si, sempre as clases máis desfavorecidas.


Esta non sei de onde a saquei, pero tamén é concluínte.

Se botamos unha ollada ao Parlamento Europeo tamén copiaron a sesta, máis se pensamos que son os que non teñen que sacar da crise, dan gañas de chorar!!!






Ningún comentario:

Publicar un comentario

Os comentarios son libres, só pido sentido.