http://orgaccmm.org
OS FOROS
Os foros eran contratos que establecían, dende a súa orixe na Idade Media, o pago dunha renda anual sobre a posesión da terra. O cobro realizábase polo San Martiño, ben en especie (millo, viño, animais, etc) ou en diñeiro. Estímase que máis das tres cuartas partes das terras cultivadas de Galiza estaban sometidas a este tipo de contratos.
As labregas e labregos que traballaban terras que xa consideraban propias, herdadas de xeración en xeración, víanse na obriga de pagar o “foro” aos titulares dun señorío, con dereitos de cobro derivados duns contratos nacidos centos de anos atrás.
Os foros sobre as terras e a súa transmisión, xa fora por herdade ou por compra e venda (laudemios, lutuosas), xunto coas demais penalidades da época, impostos públicos, etc., agravaban a difícil situación de vida da poboación galega, residente nun territorio plenamente rural. Impedían a modernización do agro galego e a agricultura que se practicaba era de subsistencia; dos escasos ingresos que se obtiñan, parte deles, había que entregalos obrigatoriamente no momento do pago das rendas do foro.
Xa no século XIX tíñase claro que os foros eran unha “carga” sobre o campesiñado que beneficiou durante séculos á fidalguía e á igrexa; pazos, mosteiros, igrexas, casas reitorais son a mostra dese lucro. As reformas para unha administración pública nova, que terminou co sistema de “señoríos” do Antigo Réxime, intentaron acabar cos foros; o primeiro intento foi na 1ª República coa Lei de 1873, derrogada ao ano de aprobarse pola presión dos foristas rentistas.
No século XX, co Decreto-Lei de 25 de xuño de 1926, e aínda non cumpridos os catro anos do acontecido en Sobredo, é cando se aproba o sistema para redimir as terras do pago dos foros.
AS SOCIEDADES AGRARIAS
Para chegar a ese momento no que se aproba a lei de 1926, foi necesaria unha forte mobilización social.
A cidadanía galega do rural organizouse en “Sociedades Agrarias”. Nacen no fin do Séc. XIX e medran nas primeiras décadas do XX co obxectivo de acabar cos foros. No ano 1912 xa existían 117 en Pontevedra; xunto coas demais galegas constituíron federacións e reuníronse en asembleas e congresos agrarios (Monforte, Ribadavia, Redondela, Tui, etc) para establecer liñas de acción: mitins, propaganda, mobilizacións, boicot aos pagos,…..
En xullo de 1922 reúnese o Congreso Agrario, en Tui, que decide non pagar os foros e facer, ao longo do verán, unha campaña de mitins pola súa abolición.
No mes de novembro, altura do ano en que se cobran as rendas forais, empeza na bisbarra de Tui a levarse a efecto a resolución do Congreso de non pagar.
As denuncias dos rentistas fan que o 6 de novembro encarceren a Directiva da Sociedade de Ribadelouro; en solidariedade coas persoas detidas, declarase a Folga Xeral no sur de Galiza. Neste ambiente o 27 de novembro o xulgado incauta os libros e as chaves das Sociedades de Areas, Randufe, Malvas, Pazos de Reis, Rebordáns, Paramos, Baldráns e Caldelas.
SOBREDO
No 28 de novembro do 1922, o Xuíz e Garda Civil preséntanse en Sobredo (Guillarei) para embargar bens a un veciño que non pagou o foro.
Á chamada de aviso, co toque de campás e foguetes, xuntou mais de dúas mil persoas das parroquias do entorno, que se opuxeron a actuación xudicial.
A represión da forza pública, disolvendo a manifestación a tiros, provocou que varias persoas resultaran feridas e tres quedaran mortas no sitio:
CÁNDIDA RODRÍGUEZ GONZÁLEZ, de Pazos de Reis
JOAQUÍN ESTÉVEZ BESADA, de Soutelo
VENANCIO GONZÁLEZ ROMERO, de Budiño
Sobredo, na memoria colectiva, queda dende ese momento como símbolo e lugar no que a sociedade labrega é martirizada. A tráxica morte dunha veciña e dous veciños; así como as ducias de feridos; poñen en evidencia a necesidade dunha urxente solución ao conflito agrario. A actitude firme e loitadora das mulleres e homes do agro, ao grito de xustiza, pan e traballo; o seu compromiso coa causa da abolición dos foros, levaron ao goberno a lexislar para terminar cun vestixio feudal, propio da sociedade estamental.
Iso si, e convén resaltalo, salvando en todo o posible os intereses dos foristas que percibían rendas; pois a Lei non foi de “abolición” senón de “redención”. Iso significou que para ter a plena propiedade da terra houbo que pagar indemnizacións aos que cobraban.
Socialmente deuse un avanzo, mais cun novo sufrimento; o da emigración; xa que moitas e moitos tiveron que emigrar a América para xuntar os cartos cos que redimir os foros das súas terras.
Sobredo quedou para sempre como referencia desa loita e ese esforzo colectivo; por iso no campo dos mártires érguese o Monumento na súa memoria.
CRONOLOXÍA DA LOITA AGRARIA
900-1500 -Idade Media – nacemento dos foros.
1500-1700 -Antigo Réxime – Extensión dos foros.
1700-1800 Crise do sistema foral e preitos pola renovación.
1868 Revolución e primeiras sociedades agrarias.
1873, 20 agosto: Lei de redención de foros da 1ª República.
1874, 20 febreiro, derrogación da Lei de redención.
Fin séc XIX – ppios. do XX: constitución de numerosas
sociedades e sindicatos agrarios e artellamento social
da reivindicación e loita pola eliminación dos foros.
1896, Sociedades agrarias de Lérez e Marcón (Pontevedra).
1897, Sociedade de agricultores de Salcedo (Pontevedra).
1901, Sociedade de agricultores de Guillarei.
1907-1908, Constitúese o Directorio Antiforista de Teis.
1908, Iª Asemblea Agraria en Monforte de Lemos.
1909, Conflito e mortes en Oseira (Ourense).
1910, IIª Asemblea Agraria en Monforte.
1911, IIIª Asemblea Agraria en Monforte.
1912, IVª Asemblea Agraria en Ribadavia.
1913, Sociedade de obreiros agrícolas de Parderrubias.
1913, Vª Asemblea Agraria en Ribadavia.
1913, Sociedade de agricultores de Budiño.
1915, VIª Asemblea Agraria en Redondela.
1916,Conflito e mortes de Nebra (Porto do Son - A Coruña)
1918-1923 Novo impulso para crear Sociedades Agrarias.
1919, Conflito e mortes de Sofán (Carballo - A Coruña).
1922, Existen mais de 1.000 Sociedades Agrarias:
-28,29,30 xullo: Congreso Agrario en Tui.
-Agosto-Novembro, mobilizacións pola abolición.
-6 novembro: Encarceramento da Directiva da Soc.,
Agraria de Ribadelouro (Tui); en solidariedade cos
detidos declárase a Folga Xeral no sur de Galicia.
-27 Nov.: Clausura das Sociedades Agrarias de Tui.
-28 Novembro: SUCESOS DE SOBREDO.
1926, 25 de xuño: Decreto-Lei de Redención dos Foros.
1932, Xº Cabodano dos Sucesos de Sobredo. Construción
do Monumento aos Mártires de Sobredo.
1936, Xullo: Destrución do Monumento con dinamita e
disolución das Sociedades Agrarias.
1986, Iº Acto conmemorativo aos 50 anos do derrube.
1987, IIº Acto. Inicio dos traballos de recuperación.
1988, IIIº Acto. Reconstrución do Monumento aos Mártires.
1989-2011 Actos anuais de conmemoración.
2012, 90 Cabodano dos Sucesos de Sobredo.
Reportaxe do 88 cabodano

Ningún comentario:
Publicar un comentario
Os comentarios son libres, só pido sentido.