Etapa 12 - Vilagarcía de Arousa - Miradoiro do Ézaro (190,5 km)
Xoves 30 de agosto
Comentario deportivo
Por terceira xornada consecutiva a Volta a España transcorrerá integramente por estradas da Galiza. Saída e chegada inéditas en Vilagarcía de Arousa e Dumbría. Será unha etapa espectacular de 190 quilómetros. A carreira sempre estará a bordear o mar e a meta está situada no Miradoiro de Ézaro, un porto curto, de terceira categoría, pero con ramplas que superan o 13% de desnivel. Día para os ciclistas explosivos. Non se marcarán moitas diferencias pero os continuos movementos na parte final buscando o triunfo e a bonificación garanten o entretemento. Penúltimo día íntegro na Galiza.
Concentración e sinatura: Porto Vilagarcía de Arousa.
De 11:45 a 12:30 horas
Chamada: 12:35 Ás horas
Saída neutralizada: Ás 12:40 horas
Recorrido neutralizado: El Pidio Villaverde, Avda da Mariña, Conde Vallellano, Plaza Galica, Arzobispo Lago, Alexandre Bóveda, Alejandro Cerecedo, Doctor Turón, Glorieta Marina Española, Av Rodrigo de Mendoza, Rotonda Luz Salgado, Avda as Carolinas, Rúa Montiño. PO-305
Total distancia recorrido neutralizado: 8 kms.

Alt. | Kilómetros | ITINERARIO | Horario | ||||
---|---|---|---|---|---|---|---|
Km Rec. | Por Rec. | 38 km/h | 40 km/h | 42 km/h | |||
PROVINCIA DE PONTEVEDRA | |||||||
Saída neutralizada. | 12:40 | 12:40 | 12:40 | ||||
80 | 0,0 | 190,5 | SAÍDA LANZADA pola PO-305 a la altura do nº20 A Y (Sequeiros) | 12:55 | 12:55 | 12:55 | |
40 | 0,4 | 190,1 | N-640 | 12:55 | 12:55 | 12:55 | |
30 | 4,0 | 186,5 | Caldas de Reis. c/ de Juan Fuentes Echevarría, Av de Pedro Mateo Sagasta, c/ de José Salgado, N-640 | 13:01 | 13:01 | 13:00 | |
100 | 6,4 | 184,1 | Dirección Moraña por PO-221 | 13:05 | 13:04 | 13:04 | |
120 | 10,3 | 180,2 | Dirección Moraña por PO-226 | 13:11 | 13:10 | 13:09 | |
150 | 11,0 | 179,5 | Moraña.Varios badenes PO-226 | 13:12 | 13:11 | 13:10 | |
180 | 16,4 | 174,1 | Meira. Dirección Lugo por N-640 | 13:20 | 13:19 | 13:18 | |
170 | 17,3 | 173,2 | Cuntis. c/ Circunvalación Don Aurelio, N-640 | 13:22 | 13:20 | 13:19 | |
15 | 29,0 | 161,5 | A Estrada. Av de Pontevedra, Av de Benito Vigo, (descenso) Rúa de Perez Viondi. PO-841, Rúa de San Pelayo, (descenso) Travesía de Santiago, PO-841 | 13:40 | 13:38 | 13:36 | |
85 | 37,1 | 153,4 | A Coutada. Dirección Cuntís por PO-7007 | 13:53 | 13:50 | 13:48 | |
80 | 42,5 | 148,0 | PO-7008 | 14:02 | 13:58 | 13:55 | |
80 | 43,0 | 147,5 | PO-6503 | 14:02 | 13:59 | 13:56 | |
50 | 44,0 | 146,5 | PROVINCIA DE A CORUÑA. Dirección Padrón por AC-242 | 14:04 | 14:01 | 13:57 | |
65 | 49,5 | 141,0 | Herbón. AC-242 | 14:13 | 14:09 | 14:05 | |
25 | 50,8 | 139,7 | Paso a nivel. Rúa de Salgado Araújo | 14:15 | 14:11 | 14:07 | |
25 | 51,4 | 139,1 | Padrón. Dirección Vigo por PO-550. Av de Compostela | 14:16 | 14:12 | 14:08 | |
20 | 52,2 | 138,3 | Dirección Ribeira por AG-11. Tramo de autovía | 14:17 | 14:13 | 14:09 | |
20 | 53,5 | 137,0 | Saída 1 Dirección Dodro. AC-305 | 14:19 | 14:15 | 14:11 | |
20 | 55,0 | 135,5 | Dodro. AC-305 | 14:21 | 14:17 | 14:13 | |
15 | 56,0 | 134,5 | Tallós. AC-305 | 14:23 | 14:19 | 14:15 | |
15 | 58,0 | 132,5 | Imo. Bexo. AC-305 | 14:26 | 14:22 | 14:17 | |
15 | 71,3 | 119,2 | Ponte Beluso. AC-305 | 14:47 | 14:41 | 14:36 | |
50 | 77,5 | 113,0 | Boiro de Arriba. c/ Cimadevila, Av de la Constitución | 14:57 | 14:51 | 14:45 | |
15 | 80,6 | 109,9 | Escarabotiño. AC-305 | 15:02 | 14:55 | 14:50 | |
25 | 84,0 | 106,5 | A Pobra do Caramiñal. AC-305. | 15:07 | 15:01 | 14:55 | |
25 | 88,6 | 101,9 | Palmeira. c/ de Norte, Rúa do Vilar, c/ de Galicia | 15:14 | 15:07 | 15:01 | |
25 | 91,4 | 99,1 | Ribeira. Ctra. de Xeral AC-305 | 15:19 | 15:12 | 15:05 | |
30 | 92,9 | 97,6 | Dirección Noia por PO-550 Av Ferrol | 15:21 | 15:14 | 15:07 | |
90 | 94,4 | 96,1 | Avituallamento. PO-550. Varias rotondas | 15:24 | 15:16 | 15:09 | |
96 | 96,0 | 94,5 | Oleiros. PO-550 | 15:26 | 15:19 | 15:12 | |
50 | 99,0 | 91,5 | Muro. Carballosa. (Ext.) | 15:31 | 15:23 | 15:16 | |
65 | 101,0 | 89,5 | Xuño. (Ext.) PO-550 | 15:34 | 15:26 | 15:19 | |
35 | 106,0 | 84,5 | Queiruga. | 15:42 | 15:34 | 15:26 | |
15 | 113,0 | 77,5 | Porto do Son. PO-550 | 15:53 | 15:44 | 15:36 | |
15
15
| 117,0 121,0 | 73,5 69,5 | Nebra. Portosín. Av da Constitución | 15:59 16:06 |
15:50
15:56
| 15:41 15:47 | |
10 | 128,0 | 62,5 | Noia. Rúa de Malecón Gasset | 16:17 | 16:07 | 15:57 | |
10 | 128,4 | 62,1 | SPRINT INTERMEDIO. Paseo Maritimo, Rúa de Pedra Santaña, c/ de Rosalía de Castro, c/ del Calvario, c/ de Carcasia, c/ de Vista Fermosa, PO-550 | 16:17 | 16:07 | 15:58 | |
20 | 133,0 | 57,5 | Ponte do Engano. AC-554 | 16:25 | 16:14 | 16:05 | |
50 | 136,8 | 53,7 | Ponte Rio Mendibar. Dirección Muros pola AC-550 | 16:31 | 16:20 | 16:10 | |
10 | 142,5 | 48,0 | Esteiro. AC-550 | 16:40 | 16:28 | 16:18 | |
15 | 153,4 | 37,1 | Serres. Rúa de Bellavista, Rúa de Agra Baño, AC-550 | 16:57 | 16:45 | 16:34 | |
10 | 156,7 | 33,8 | SPRINT INTERMEDIO. Av de Castelao | 17:02 | 16:50 | 16:38 | |
10 | 157,0 | 33,5 | Muros. Rúa Da Porta Da Vila, AC-550 | 17:02 | 16:50 | 16:39 | |
10 | 160,0 | 30,5 | Louro. San Francisco. Concello de Carnota. AC-550 | 17:07 | 16:55 | 16:43 | |
30 | 167,0 | 23,5 | Lira. AC-550 | 17:18 | 17:05 | 16:53 | |
25 | 172,0 | 18,5 | Carnota. Rúa de Arrabal, Rúa de Pedrafique. AC-550 | 17:26 | 17:13 | 17:00 | |
37 | 176,4 | 14,1 | O Viso. AC-550 | 17:33 | 17:19 | 17:07 | |
20 | 179,0 | 11,5 | Caldebarcos. AC-550 | 17:37 | 17:23 | 17:10 | |
50 | 183,5 | 7,0 | Quilmas. AC-550 | 17:44 | 17:30 | 17:17 | |
20 | 185,0 | 5,5 | O Pindo. Rúa del Pindo, Puente Rio Xallas | 17:47 | 17:32 | 17:19 | |
10 | 188,0 | 2,5 | Dirección Mirador de Ézaro por AC-2308 | 17:51 | 17:37 | 17:23 | |
20 | 188,6 | 1,9 | COMENZA PORTO. Dirección Mirador Ézaro | 17:52 | 17:37 | 17:24 | |
105 | 189,3 | 1,2 | Tramos do 12% 14% 22% 25% ata Meta | 17:53 | 17:38 | 17:25 | |
270 | 190,5 | 0,0 | META - Dumbría. Miradoiro do Ézaro - PORTO MONTAÑA 3ª CAT (Ascenso: 250 m. Distancia: 1,9 km. porcentaxe 13,1%) | 17:55 | 17:40 | 17:27 |
Vilagarcia
Situada no Val do Salnés e ao pé da Ría de Arousa, Vilagarcía de Arousa (apenas 50 kms cadrados, 38.000 habitantes) ofrece todas as vantaxes de vivir nunha vila, pero cos servizos propios dunha cidade: porto de interese xeral, ferrocarril, acceso directo á autoestrada, hospital, xulgados, axencia tributaria, cámara de comercio, pavillón feiral, complexo polideportivo con estadio de atletismo e piscina con SPA, auditorio deseñado por un Premio Nacional de Arquitectura, e máis de 130.000 metros cadrados de zonas verdes, incluída a illa de Cortegada, que forma parte do Parque Nacional das Illas Atlánticas.
Polas súas características xeográficas, no medio do eixo atlántico A Coruña-Vigo e cun clima temperado sen temperaturas extremas nin no inverno nin no verán, Vilagarcía de Arousa é, pois, o lugar ideal para darse unha Volta e gozar da cidade e os seus cidadáns, e da Galiza enteira: estamos a media hora de Santiago ou Vigo, a unha hora da Coruña ou Portugal. A dez minutos de Cambados (patrimonio histórico, Festa do Albariño), e a vinte de Sanxenxo e O Grove-A Toxa, os emblemas do turismo galego.
Pero servizos e centralizador non son os principais nin os únicos atractivos de Vilagarcía de Arousa. Porque desde sempre foi unha cidade que mirou ao mar, os seus habitantes son especialmente hospitalarios e con iniciativas. E isto ten o seu reflexo no dinamismo da propia Vilagarcía, que non só conta con festas declaradas de interese turístico nacional (San Roque, 16 de agosto, que inclúe a famosísima Festa da auga), senón con eventos deportivos de carácter internacional, como a Vilagarcía Basket Cup ou o Arousa Fútbol 7.

Dumbria
Situada no camiño de Santiago Fisterra-Muxía, atópase un concello emblemático da Costa da Morte, falamos de Dumbría, unha terra única que atesoura unha natureza dunha beleza singular e sobrecolledora; chea de sensacións, tradicións e ofertas de lecer e gastronomía.
Unha terra cun considerable patrimonio arqueolóxico, artístico e cultural; onde a historia fúndese cos mitos e as pegadas do tempo regálannos achados como o monumental dolmen de Pedra da Arca de Regoelle, os gravados rupestres como o petróglifo de Pedra Ancha ou os vestixios da cultura dos castros celtas coas súas milenarias fortificacións.
Unha viaxe chea de contrastes, con magníficos lugares por descubrir: tranquilas praias de augas transparentes, montes e bosques mitolóxicos cheos de misterio, ríos como o Xallas que desemboca nunha impresionante fervenza directamente sobre o océano Atlántico, sendo o único de Europa en facelo desta forma, miradoiros como o de Ézaro desde o que se pode contemplar o ocaso do sol polo fin do antigo mundo coñecido ao abrigo do mítico Monte Pindo.
Por todo isto Dumbría merece ser descuberta.
Ven, descobre, goza, divírtete, reláxate, descansa, pérdete, asómbrate...; e lévao todo.
Un pedazo de Dumbría coarase na túa maleta.

Ningún comentario:
Publicar un comentario
Os comentarios son libres, só pido sentido.