Un ano máis, tataravós, avós, pais e fillos acudiron xuntos a esta ancestral romaría para escoitar unha misa e cumprilas súas promesas. A mañá amenceu fresca, pero a medida que nos achegabamos ao mediodía e dado este tempo tan tolo que temos ultimamente, Lourenzo comezou a apertar ben. De feito estes últimos anos non quere faltar á cita e á xente non lle quedou máis remedio que buscar zonas de sombra para protexerse del.
Lamentablemente este ano aconteceu un atropelo na ponte que conecta o casco antigo de Noia co barrio de San Lázaro. A ferida foi unha veciña de Baroña, oriúnda de Nebra. Agardemos que se recupere pronto e que todo quede nunha anécdota.
Galería de imaxes do que dou de si esta romaría, preludio da Semana Santa.
San Lázaro 2012 |
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Os comentarios son libres, só pido sentido.