Ao igual que miles de galegos e galegas sempre critiquei e incluso asinei contra o Plus de Altos Cargos que durante a etapa do bipartito aprobaron por abafadora maioría o PSdeG-PSOE, BNG e PP cos seus 75 deputados. Seguramente ninguén pon en cuestión que isto xamais acontecería se dese acordo non saísen beneficiados os tres partidos.
Descoñezo se no resto da lexislatura puxeron tanto empeño para aprobar asuntos transcendentais e vitais para Galicia. Dende logo para sacar adiante un novo Estatuto non foron quen, e agora, coido que terá que seguir agardando moito tempo no limbo.
O curioso é que despois de aprobalo, o BNG comezou a desmarcarse aducindo que habían votado a favor para non rachala coalición. Santa Lilaina pariu por un dedo; certo será pero eu non-o creo. Por Deus, se cando o PSdeG-PSOE abandonou a mesa do plan eólico non racharon nada. Non estaban no seu dereito a facelo? Foi mellor perdela dignidade polo diñeiro?
Cando estiven de secretario na comunidade de montes sabia perfectamente que se seguía criticando as actuacións do presidente por eludilo control da asemblea xeral e da xunta reitora, podíame custala expulsión, como así foi, pero non me preocupou porque a miña conciencia estaba por riba de todo. Neste asunto o BNG ben puido nadar entre dúas augas, pero preferiu nadar a favor da corrente aínda que non usase vela.
Nesta páxina poden ollalos comentarios do que pensan os galegos e galegas sobre a nova.

Ao sobresueldo que PP, PSOE e BNG pactaron en xullo do 2007 para premiar aos funcionarios que foron altos cargos chegoulle a hora. Segundo adiantou Onda Cero, Feijoo confirmará nunha entrevista que a cadea emitirá esta tarde que, entre axústelos que nos próximos días comunicará aos sindicatos, figurará a decisión de deixar sen efecto o controvertido complemento que na actualidade perciben máis de 200 funcionarios que ocuparon postos de confianza na Xunta. O presidente vincula a medida ao contexto de crise económica e supedita a súa posible reactivación a que liquiden as dificultades que complican a prestación dos servizos esenciais.Fonte: La Voz de Galicia
A medida, que coincide coa petición do PSdeG de suprimir o plus, tomba unha férrea blindaxe das tres forzas políticas que hai dous anos impediu que prosperase no Parlamento unha iniciativa lexislativa popular contra esa paga, promovida pola CIG e que avalaron coa súa firma 20.000 galegos. A súa supresión converteuse nunha das principais demandas dos sindicatos, ante a revisión das condicións laborais duns empregados públicos aos que xa se lles recortou o chan un 5% no 2010.
Nesta páxina poden ollalos comentarios do que pensan os galegos e galegas sobre a nova.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Os comentarios son libres, só pido sentido.