Dende a Idade Media a meirande parte das terras cultivadas de Galicia estaban sometidas ós «Foros». Este era un contrato establecido sobre unha terra que se pagaba anualmente en especies «trigo, centeo, millo, etc», condenando aos labregos a unha agricultura de subsistencia.
Para eliminalos a I República aprobou unha lei en 1873, que foi derogada ao ano seguinte por mor da presión dos arrendadores. Non foi hasta comezos de século XX cando de novo o movemento agrarista retoma o obxectivo de eliminalos porque impedía a modernización do campo e a súa liberación dos caciques. No ano 1922, ten lugar en Tui un congreso de sociedades agrarias no que se decide non pagar os foros. Pouco tempo despois é detida a directiva da sociedade de Ribadelouro, polo que comeza unha folga xeral no sur de Galicia.
Neste ambiente de tensión chegase ao 27 de novembro de 1922, no que o xuíz e a Garda Civil preséntanse en Sobredo (Guillarei-Tui) para embargarlle os bens a un veciño que se negou a pagar. Unhas 2.000 persoas acoden a solidarizarse co veciño e a Garda Civil disolve a manifestación a tiros. Cándida Rodríguez, Xoaquín Estévez e Venancio González morren e varias persoas resultaron tamén gravemente feridas.
Os feitos tiveron moita sona e mesmo chegaron ao parlamento, abrindo o debate do conflito e a redención dos foros. A definitiva lei que lles permitiu a esa xente seren donos das súas terras, mediante pago dunha indemnización, chegou no ano 1926 co decreto-lei de 25 de xuño.
Hoxe conmemorase o seu 89 cabodano e ás 10:30h comezou a concentración na Carballeira de San Xosé en Sobredo, seguido do desprazamento ata o monumento. Ás 11:30h tivo lugar a presentación do acto por Xosé Alfredo Pereira Martínez e a intervención do profesor Miguel Barros Puente seguido da ofrenda floral ao pe do monumento símbolo da súa loita, feito nun principio por Camilo Nogueira, pai, nos tempos da II República, dinamitado durante a Guerra Civil e recuperado case na súa totalidade nos 80, porque os veciños e veciñas agocharan os cachos en muros e soterrarannos nas leiras.
A clausura correu a cargo do grupo de gaitas «Folieiros». Organiza a homenaxe a coordinadora veciñal «Mártires de Sobredo» e Organización Galega de Comunidades de Montes en Man Común
Podería parecer que na Democracia estas cousas xa non acontecían, pero como nos lembraba Carmen Castro fai cinco anos aquí, aínda houbo xente que por reclamalos montes expropiados pola Ditadura, dou cos seus osos na cadea.
Vídeo onde se aporta unha visión sobre o agrarismo neses tempos e os feitos acaecidos en Sobredo, «pillado» gracias a un traballo elaborado polo alumnado de 4º da ESO de LGL do IES de Porto do Son, sobre os Mártires de Cans no seu blogue.

Estou moi orgullosa, pero sábeme mal que veña tan tarde». Carmen Castro Castro foi galardoada cun dos premios Meca pola firme defensa que fixo dos terreos públicos de Tirotea Marítima entre 1971 e 1988. Aquela dura batalla deixou marcada a esta grovense, que os seus 68 anos asegura que «sigo en acción, anque os anos calcan». Carmen Castro Castro ten frescos na memoria os acontecementos polos que recibe agora este premio. «Non fun eu sola a que loitou polos terreos de todos, houbo moitos veciños comigo», conta. Con todo, «houbo outros moitos que non, e que fixeron que seis homes de aquí pasasen un mes non cárcere». Aquela loita contra a usurpación de parcelas, «dígollo de corazón, daba para escribir un libro». «Oxalá daquela o Concello nos tivera apoiado. Pero non o fixo», recorda esta muller. Polo menos, agora o Concello recoñece o seu labor. E iso é algo que Carmen Castro sabe agradecer.Non foi este o caso do Concello de Porto do Son, que si estivo ao fronte desta loita impulsada polo edil, Miguel da Gafa (Q.E.P.D) e polo alcalde naquel entón, Antonio González Groveiro.
Vídeo onde se aporta unha visión sobre o agrarismo neses tempos e os feitos acaecidos en Sobredo, «pillado» gracias a un traballo elaborado polo alumnado de 4º da ESO de LGL do IES de Porto do Son, sobre os Mártires de Cans no seu blogue.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Os comentarios son libres, só pido sentido.