sábado, 16 de xullo de 2011

Curro das Canizadas

Nesta foto das miñas lembranzas na que estamos de esquerda a dereita: Manolo do Canteiro, de Resúa; José da Garela, de Puilla, Eu, de Quintáns e Manolo de Lamas, de O Son, é do ano 1978. Ano arriba ano abaixo debeu ser cando botou a andar este curro, seno foi precisamente ese ano o primeiro.

Eran tempos nos que por primeira vez podíamos lucir algo tan simple como era a nosa bandeira e como se ve na botella medio agochada, aínda daba boa conta do vermú do mediodía. Ese día despacharamos a gusto unha caixa de sardiñas que nos dera un barco de Portosín e aínda repartiramos algunhas con outra xente, churrasco, críollos e viño albariño. Coido que ese ano no grupo eramos algún máis. Logo segundo pasaba o tempo foi medrando, até que, coma todo, a "boa vida" rematou.


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Os comentarios son libres, só pido sentido.