Baixo o suxerinte título de Fichar Mañosos, José Rodríguez Cabeza, a quen non teño o gusto de coñecer pero si ler sempre a súa columna désde fora, que publica en La Voz de Galicia, ven de loalo traballo e a intelixencia de José Bretal Rego, o meu segundo xefe ata que me tiven que incorporar a filas.
O taller chamábase El Jobre e mantívose ao fronte del ata ata finais dos anos 80, data na que o alugou a catro traballadores. Cando estes rescindiron o contrato porque montaron o seu propio taller en Santa Cruz de Lesón, volveullo a alugar a outros traballadores hasta que tamén montaron a súa empresa en Ribeira. Foi o peche definitivo, dando paso como pasou con tantas industrias do País a unha mole de edificios.
Hai que situarse na época para darlle o valor que ten o artigo. Hoxe en día para poder facer ese mesmo traballo cumpre ter boa maquinaria que daquela nin tiñamos, nin había. Por exemplo a cizalla para cortalas chapas e a pregadora, eran a "pan de millo", a tronzadora era do ano catapum, soldaduras de electrodos, nada de semi-automaticas ou de TIG e lavabamos e puliamos as máquinas á man. A parte diso tiñamos dous tornos, tamén do máis normal. Con todo iso faciamos máquinas dignas de ver que montabamos na maioría das fábricas de conservas de Galicia e xa por aquel entón, mesmo as exportabamos a América.
Duns anos para acá mellorou é moito a maquinaria e forma de traballar o aceiro inoxidable. As cizallas e plegadoras mesmo son autómatas, o plasma veu a facilitalo corte das chapas grosas e por ordenador e no tocante á soldadura, aínda que sexa un traballo case eminentemente manual, mellorouse moito coas novas máquinas.
Mellor que se explique Rodríguez Cabeza:
Nesta foto tomada nos 80 fronte á entrada do taller podemos ver en primeiro termo, a Pablo, atrás á dereita, a Miranda, no centro a Juan Manuel, un amigo que tristemente deixounos fai uns meses, e á esquerda a meu irmán.

Pode que unha das cousas máis curiosas que non vin foi cando me convidou un veciño a unha almazara moderna a onde levou as olivas da súa horta para extraerlles o valioso zume virxe extra para autoconsumo da anada. Digo que non o vin xa que dende que os froitos foron depositados nunha tobeira ata que o amarelo líquido foi saíndo por unhas billas, entremedias había unha inmensidade de ruidosa maquinaria de aceiro inoxidable con todo o proceso agochado. Cando iso pasou, ¿a onde cren me levou o pensamento? A un taller que había na rúa Gasset da Pobra dedicado á invención e fabricación de maquinaria para a industria conserveira.
Lembro que o dono, José, me ía explicando os seus inventos que me deixaban coa boca aberta e dicíame que o seu problema máis grande non era artellar calquera aparello que se lle demandase polos conserveiros, senón as pegas que tiña na Administración para patentalos e poder espallar e diversificar o negocio. José era un «mañas» que rematou no sector inmobiliario cando da súa canteira de traballadores xurdiron algunhas fábricas, o que está moi ben. O que quizais foi unha mágoa é que non seguira facendo experimentos, pois penso que a permanencia da gran industria conserveira na bisbarra algo lle debe a este intelixente home.
Hai uns días escoitaba nunha tertulia ao Secretario Xeral da UGT, Cándido Méndez, dicindo que o gran problema de España estaba na perda da competitividade no sector industrial baseadamente. Non se pode estar máis de acordo. Agora ben, para os que pensamos que unha economía sostible en Galicia pasa polo sector agroalimentario, de seguro que José tería máis ideas que o uxetista para, por exemplo, desenvolver unha maquinaria axeitada á nosa orografía e climatoloxía. Non se poden traballar as leiras con tractores que se espetan nelas a meirande parte do ano, e mañosos coñezo eu que, con menos custos que manter a sindicatos, industrializarían e farían competitivo o noso agro. É unha mágoa que a Xunta non os fiche.
Nesta foto tomada nos 80 fronte á entrada do taller podemos ver en primeiro termo, a Pablo, atrás á dereita, a Miranda, no centro a Juan Manuel, un amigo que tristemente deixounos fai uns meses, e á esquerda a meu irmán.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Os comentarios son libres, só pido sentido.