Un mes despois do habitual, esta madrugada remataron as festas de San Martiño de Miñortos, suspendidas no seu día por inclemencias meteorolóxicas. Non faltou nada: boa música coa Orquestra Super Fama, tirada de fogos artificiais a cargo da pirotecnia Ricardo Resúa de Cespón e churrasco para quen gustou.
Só cabe agradecer á Asociación de Veciños de Miñortos e a Víctor León, todo o que fan por revitalizar e darlle vida a esta parroquia. Cando menos resulta curioso que, fai uns anos mentres no resto de parroquias do concello tiñamos festas a esgalla, en Miñortos só celebraban o día da Romaría das Pardiñas, agora celébrana con tres días, honran ao patrón e teñen a exaltación das filloas, orellas e tortilla. Todo un logro nestes tempos de crise, e iso só se consegue con vontade e gañas de traballar.
Como xa nos ten acostumado e a pesar da súa idade, a señora Ramona do Gorrión onte tan vital coma sempre, estivo botando unha man.

Ningún comentario:
Publicar un comentario
Os comentarios son libres, só pido sentido.