luns, 20 de setembro de 2010

O Santo Antón de Nebra

É única imaxe que podo amosar hoxe do día adicado ao San Antón en Nebra, debido a que tiven que axudar a portala imaxe da Virxe das Dores.

Quen era Santo Antón? Aquí teñen toda información. Polo visto é avogoso dos obxectos extraviados e para buscar mozo ou moza.

Aproveitando que Don Ramón, o noso cura, moi previsor el, preparou as dúas imaxes que temos deste Santo para poder escoller cal sacar en procesión, aproveitei para facerlles unha foto xuntos.

Para referirnos a eles dicimos simplemente, o pequeno e o grande. Esta última debido á madeira empregada na súa construción é moi pesado. Aínda así, os seus portadores preferiron sacar esta última, que embelece moito más a procesión, ademais como dixo Don Ramón, é unha talla das mellores que conservamos na Igrexa.

Hoxe pola noite no Adro da Igrexa, Paco de Leña volverá a deleitarnos cos seus temas.

Maña romaría da Balbanera, a Banda de Música de A Estrada deleitaranos cos seus sons nun amplo concerto.

Xa pola noite tamén haberá verbena.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Os comentarios son libres, só pido sentido.