xoves, 21 de maio de 2009

A María Amelia


Non fago máis que conectarme a Internet e a primeira noticia coa que me encontro é o pasamento da blogueira de maior idade do mundo, a señora María Amelia de Muxía.

Apenas dous anos e medio como blogueira, pero o seu foi todo un éxito a nivel mundial e por suposto, era galega. O seu neto, que foi quen a meteu nisto, pode estar dobremente orgulloso.

Seguro que alí a onde vai, quizás doutro xeito, seguirá contando as vivencias que viviu ao longo dos seus 97 anos entre nós, e se puidese, guiaríanos os/as que seguimos os seus pasos.

As miñas condolencias á familia. Repouse en Paz.

Algúns enlaces dando a noticia:
- El Correo Gallego: Fallece la bloguera de mayor edad del mundo
- El Mundo: Fallece María Amelia López, la 'abuela bloguera', a los 97 años

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Os comentarios son libres, só pido sentido.