mércores, 29 de marzo de 2017

Un cuarto de Século sen Avilés de Taramancos

Coñecín a Avilés como militante do BNG, compartindo mesa e mantel en varias comidas. Na súa faceta de hostaleiro ao fronte da Tasca Típica, non lle caian os aneis, ao pórse tras a barra para servir a clientes e amigos, e se tiña un pequeno respiro, contarnos as súas vivencias na emigración.

Con motivo do seu pasamento hai 25 anos... «como pasa o tempo», en Noia para lembralo fixéronlle varias homenaxes en días alternos «todo o contrario do que fai aquí o BNG cos Mártires de Cans» e no cemiterio de Boa sobre a súa lapida, depositaron uns ramos de flores ao pe do colocado por Sofia Baquero, a súa viúva.

Fotos non propias buscadas pola rede.
Noia homenaxea a Avilés de Taramancos
Álbum La Voz de Galicia: Homenaje a Antón Avilés de Taramancos en cementerio de Boa
Noia lembra a Avilés no 25º aniversario do seu pasamento