venres, 5 de febreiro de 2016

Terceiro Festival de Carnaval

Un ano máis a ANPA do CEIP Sobrado de Nebra organiza este festival para diversión dos rapaces e non tan rapaces, e de paso dar boa conta dos produtos típicos de estas datas, a pesar de que moitos aínda non nos recuperamos das enchentes do Nadal.

Como ben se indica no programa, haberá agasallos para os tres primeiros clasificados... a contenda vai ser dura, polo que compadezo ao xurado.
Menos mal que para baixalas calorías o meu homónimo, seguro que vai dar moita caña e sobre todo Leña.