luns, 19 de outubro de 2015

Especialistas en apropiación de fotos, actos e propiedades

Se cando entrei no BNG me dixeran que algún día tería que escribir estas cousas sobre algúns nacionalistas, seguramente non dera o paso. Aquí teño que aplicarme isto de: onde menos agardas salta a lebre.

A revista dixital e nacionalista Terra e Tempo, foi a que me roubou a foto que encabeza esta entrada para ilustraren o artigo de Xosé Alfredo Pereira, e por riba, como se comproba ao poñela a carón da orixinal, manipulárona (tan chafalleiros foron que nin o nome indicador da foto se mataron a editar).

Este ano, o xa ex-presidente da comunidade (dende o 27 de setembro) convidou a Xosé Alfredo Pereira Martínez a presidilo «paripé» que xunto co BNG de O Son promoven desde que abandonei o partido (e empeñan en atribuírse a autoría). No discurso mencionou que asistían familiares das vítimas, cando en realidade tanto os descendentes de Antonio Sobrado como os de Xenerosa Vidal estaban na misa, a cal desde a 1ª homenaxe se celebra na súa memoria. Até niso ten que recorrer á mentira!!

Como podía seguir sendo militante dun partido que desde o bipartito levoulle por diante, con mentiras, parte deste agro a meu pai (e outros) para cruzarllo cunha pista? Daquela ese señor e os ex-compañeiros non moveron un dedo polos nosos dereitos, agora veñen aldraxar a memoria desta xente, entre os que había familiares meus.

Segundo o anunciaron, veu en calidade de presidente da orgaccmm, pero Santiago Suárez fixo fincapé en que foi un dos fundadores do Instituto De Estudos Agrarios Mártires de Sobredo, e que tamén organizan «un acto como o deles».
O secretario do IEAMS xa se puxera en contacto comigo hai 2 anos. Por convicción xa ía á súa homenaxe moito antes, e coñezo a maneira na que o organizan, e ese ano como fun invitado acudín novamente e tamén falar en persoa mellor que por teléfono, mais non só non corresponderon (a pesar de invitalos expresamente), se non que por afinidade política o seu vogal preferiu vir ao do BNG. Se fose coherente como a seguir había o acto sen vinculacións políticas, en xusta correspondencia debería agardar.

Así coincidiría con Deira, ex-alcalde de Boiro que non tivo inconveniente en sumarse á homenaxe, a pesar de que, encabezado polo alcalde había unha ampla representación do goberno local, faltando toda a oposición e iso que foron invitados expresamente, porque este acto sempre foi aberto, e como ben dixen alí mentres había só un xamais se usou a estreleira, porque sempre actuei como nebrán non coma militante, algo que non queren aceptar porque quedarían sen argumentos para levar a auga para ao seu muíño.

Agardo que polo menos se o chamou polo móbil, non usase o da comunidade, que aínda non llo entregou á nova xunta reitora, un feito incomprensible.

Este ano produciuse algo no que ao mellor moitos non repararon, non puxeron a súa bandeira ao pe dos monólitos nin fixeron acto de presenza con ela como cando se colocou a placa que acompaña o monólito, colocada por un alcalde do PP, Manuel Tomé, a quen apearon grazas a unha moción de censura que á prostre non lles valeu de moito (e tiña o mesmo dereito, ou máis, que eles a estar aí).
Igual este ano alguén os asesorou de que non o fixesen ou déronse unha volta polos meus artigos para ver como organizan, por exemplo, o de Sobredo, onde non hai bandeiras coa estreleira xunto ao monólito.

A mesma revista non tivo empacho en usar o cartel do noso acto, un traballo do meu fillo, para "adornar" a crónica do meu homónimo, Calo Lourido, de cando veu ao «paripé» deles. Digo eu que, estando a súa intervención anunciada no cartel do BNG (cos anagramas correspondentes), porque fixo uso do outro?.
Sorpresa tamén e ler o comentario que escribiu Santiago nese artigo, e ver como esa "pailanada" se desminte soa coas súas propias palabras. Malditas hemerotecas! Ademais das difamacións que fai, lembrarlle que non é preciso militar nun partido nacionalista para ser considerado como tal. Se acudise algunha vez a Sobredo vería que tamén acode algún alcalde do PP.

Logo temos en Salceda de Caselas unha rúa Mártires de Sobredo. Algo que eles aquí non fixeron, a pesar de ter a oportunidade estando por 2 veces ao fronte do Concello, e, se me informaron ben, participaron na renovación dos novos rueiros de O Son.
No caso dos rueiros, para min foi unha desconsideración pórlle a rúa a David Mariño (fusilado na Guerra Civil), en Portosin no mesmo lugar onde aínda resiste un escudo da Falanxe. Como non hai ningún acto que o lembre (ou como no meu caso, non teñen a quen roubarllo), é un dos esquecidos da historia sonense, que, non sendo de Portosin, limiteime a lembralo aquí.
Seguindo coas apropiacións (ou curiosidades), atopeime no Facebook como Ánxela Franco (quen me chama «mentireiro») compartía a publicación de Alexandre Bóveda, que vai acompañada dunha foto miña.
E non podía rematar sen presentar, por fin, a proba de como a Consellería do Medio Rural, cando estivo ao fronte o curmá do "pailanadas" actuou de mala fe, enviándolle a documentación da denuncia de meu pai (q.e.p.d), mentres a el XAMAIS lle contestaron. Se lle fago caso á señora Franco, que por ser militante contaba como «do bloque», entón estes feitos que aconteceron cando seguía militando, tamén son o culpable, non?.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Os comentarios son libres, só pido sentido.