sábado, 25 de xullo de 2015

95 anos do Día da Patria Galega «1920-2015»

Segundo o acordado o ano anterior na 2ª Asemblea Nacionalista celebrada en Santiago, as Irmandades da Fala convocan por 1ª vez o Día da Patria Galega o 25 de Xullo de 1920, coa intención, así manifestaron no seu boletín de ese mesmo día, «de autoafirmación e para que dentro de poucos anos, o 25 de Xullo, non haxa un fogar galego que non deixe de exteriorizar o seu patriotismo».

Castelao ademais da frase que adorna o primeiro cartaz, deixounos esta outra: «É a Festa Maior dos Galegos».

Lamentablemente hoxe máis que nunca o nacionalismo camiña máis dividido, tirándose os trastos uns a outros, supoño que nun vano intento de pretender facerse ver quen ostenta máis pedigree.

Lamentablemente aquel soño que tiñan as Irmandades da Fala e Castelao, baixo o meu humilde punto de vista non se cumpriron, porque non vexo esa exteriorización. Sóbranme os dedos dunha man, para contalas bandeiras de Galicia que penduran das fiestras das casas e con ese simple xesto non quere dicir que quen o facemos teñamos que ser tachados de nacionalistas ou radicais.

Para min facelo é un fermoso xesto que aprendín dos europeos que non solo a colocan o día do País, se non tódolos domingos e festivos.


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Os comentarios son libres, só pido sentido.