venres, 25 de xullo de 2014

Día da Patria Galega 2014

Castelao: «A festa maior de Galicia, a festa de tod@s @s galeg@s»

Tres figuras senlleiras a resaltar pola miña parte neste Día: Castelao, Bóveda e Otero Pedrayo, que para min son «fonte» de inspiración.

As orixes desta celebración remóntanse a 1919, ano en que se xuntan en Santiago a Asemblea das Irmandades da Fala, que acordan celebrar o Día Nacional de Galicia o 25 de xullo do ano seguinte.

Durante a ditadura franquista, as sociedades galegas na emigración, continúan coa convocatoria, e en Galicia, o galeguismo concéntrase ao redor da tradicional misa por Rosalía de Castro na igrexa de Santo Domingo de Bonaval. Ademais, durante esta época o día institucionalízase como festa oficial en España, baixo o nome de Día do Patrón, cun marcado carácter relixioso, aínda que tras a transición, varias Autonomías moveron este festivo a outros días do ano.

Nos anos sesenta, coa aparición do Partido Socialista Galego (PSG) e a Unión do Povo Galego (UPG) vólvense a realizar actos clandestinos para conmemorar o «Día de Galicia».

Durante a década do setenta, os actos terminaban con enfrontamentos coa policía franquista, e coa entrada na democracia seguíronse prohibindo as manifestacións da AN-PG «Asemblea Nacional-Popular Galega» e BN-PG, orixes do actual Bloque Nacionalista Galego. Até mediados dos anos oitenta non se permitiu a manifestación do «Día da Patria» con normalidade democrática, sendo hoxe o acto máis multitudinario de todas as celebracións que teñen lugar o 25 de xullo.

Actualmente os diferentes partidos nacionalistas de Galicia continúan convocando manifestacións para este día, baixo a denominación de «Día da Patria», realizan reflexións sobre a situación política galega.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Os comentarios son libres, só pido sentido.