martes, 27 de novembro de 2012

Des-Concerto Expansivo


Curva á Eskerda no desconcerto. Este Sábado a partir das 10 da noite na Praza de España en Porto do Son.

Os Mordecáns avisan que tamén andarán por aquí.

Queremos convidar a todos os veciños e veciñas que queiran participar no acto a facelo: precisamos artistas, lectores, músicos, dj's, gaiteiras e gaiteiros, pandereteiras e pandereteiros, bailaríns e bailarinas.... calquera tipo de manifestación artística é benvida! podedes ler un poema, un texto, interpretar unha canción... representar unha peza teatral... o que vos inspire para rememorar a Marea Solidaria do 1 de decembro de 2002 e homenaxear os milleiros de voluntarios/as que traballaron na recuperación do noso litoral; ao tempo que rememoramos unha catástrofe que desexamos non volva suceder nin na nosa costa nin en ningunha outra: VERQUIDOS NUNCA MÁIS!

https://www.facebook.com/desconcertoexpansivo.portodoson


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Os comentarios son libres, só pido sentido.