sábado, 11 de agosto de 2012

San Xosé 2012


Onte foi o derradeiro día das grandes festas de San Caetano, adicado a San Xosé. Un dos poucos sitios da zona ou polo menos do Concello, que teña constancia, que seguen conservando a súa romaría. En Nebra xa fai anos que non se festexa e o último comisionista que houbo, como apuntei no blog adicado as festas de Nebra, fora o Sr. Pepe «o cego de Cans».

En San Caetano non se entoa o clásico de San Fermín: «Pobre de mí, pobre de mí, que se han acabado las fiestas de San Fermín. Pobre de mí, pobre de mí, que se han acabado las fiestas de San Fermín», pero case.


Como dixen noutra entrada, hoxe en día é máis unha festa da xuventude, pero a que segue asistindo moita xente maior. Podemos dicir que hai coma dous horarios establecidos para achegarse, ou iso foi o que puiden constatar onte a «grosso modo» e algo que lin por algúns foros. As primeiras horas digamos que son as dos «avós e pais» e logo a dos xoves, dándose a coincidencia que unha gran maioría cando se achega, a derradeira orquestra está xa co seu segundo pase. Se teñen sorte e se se lles «enrrollan», poden acabar como teño presenciado algúns anos, que ás 7 da maña aínda estaban tocando como á primeira hora.

San Xosé 2012





















Ningún comentario:

Publicar un comentario

Os comentarios son libres, só pido sentido.