sábado, 21 de abril de 2012

Sen sangue nas veas

Dubido moito que os políticos teñan sangue nas veas e se a teñen, ten que ser ben negra, como a borralla. Podería buscar mil e unha noticias para afirmar isto, pero hoxe voume a que dar coa cal e coa area.

Mentres a Xunta de Galicia perdoa unha multa millonaria á empresa Construcuatro, da que naquel intre era socio e conselleiro delegado Telmo Martín, agora deputado do PP no Congreso e antes alcalde de Sanxenxo, en Fene, unha familia pode perdela súa casa porque presuntamente a Xunta débelle cinco mil euros.

Por outra parte non podo compartir algún dos comentarios anónimos que se verten na noticia «seguramente se tivesen eles esa cruz enriba non dirían o mesmo», porque se ven é certo que a débeda da familia é co banco, se a Xunta debe eses cartos e lles pagase, non terían o problema. Isto é coma o recente caso dun ex alcalde que tivo que dimitir por presunto fraude á Facenda, mentres el, dende a alcaldía, firmaba edictos contra os morosos do seu Concello.
O peche protagonizado polos mariscadores de Barallobre (Fene) desde fai tres semanas adquire un cariz dramático. A Consellería do Mar debe 5.000 euros a cada un dos 84 traballadores á flote e 2.500 a cada un dos 50 operarios de a pe, polos traballos de rexeneración da ría de Ferrol. E entre os afectados polas nóminas impagadas desde o mes de novembro, figuran familias ao bordo do desafiuzamento. Rota polas bágoas, a mariscadora Mercedes Rodríguez anunciou este mediodía que a partir do martes iníciase o proceso de embargo da súa casa. Afirma que a Consellería lle debe a ela 5.575 euros, ademais de cantidades similares ao seu marido e ao seu fillo, tamén mariscadores. Ela avalou a un fillo para que comprase unha embarcación. Pero agora Novagalicia Banco quere embargarlle a casa de Mercedes, como avalista, por falta de pagamentos de 2.500 euros.

Nunha rolda de prensa na que sindicalistas da CIG e mariscadoras acabaron ao bordo do pranto, Mercedes pediu "traballo e non esmola, non hai dereito de que me boten á rúa.. se fai falta tírome diante dun coche antes de que boten á miña familia de casa". Asegurou que "non me dá pena que me leven a prisión, dáme pena que me quiten a casa despois traballar dende os 9 anos". Mercedes afirmou que "o meu marido leva dende os once anos traballando, agora ten que ir a mariscar por libre ante os impagos da Xunta... os mariscadores ofrecémonos a plantar árbores nas Fragas do Eume con tal de que nos paguen". Moi afectada, a patroa maior de Barallobre, Virginia Souto, tamén lamentou que "a Xunta quere acabar cos mariscadores porque somos reivindicativos, a batea provoca perdas de 4.500 euros, por cada mariscador que perdemos tamén desaparecen tres postos de traballo indirectos".
Fonte orixinal: El Correo Gallego

Feijóo ‘perdoa’ unha multa de tres millóns á firma de Telmo Martín

Din que a música amansa as feras, con estes necesitamos moita música de Deus, pero ben me vale para ilustralo título da entrada.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Os comentarios son libres, só pido sentido.