venres, 31 de decembro de 2010

nin pola uvas agardaron!!!

Mil e un títulos pasan pola miña mente para encabezar este novo esperpento, con permiso do gran D. Ramón María del Valle-Inclán y de la Peña e aínda que non faltará, coma sempre, quen lle bote a culpa ó fotografo por amosalas nosas vergoñas.

Podería ser que o "paisano" abordo do seu tractor actuase con nocturnidade e aleivosía, pero non, fíxoo a plena luz do día, xa que cando marchei para Noia ás 10 da maña non había nada, e cando recunquei ao mediodía, aí estaba o agasallo de aninovo, polo que só me resta dicir: que pouco dura a ledicia na casa do pobre.

Obviamente neste caso concreto desculpo ás autoridades e á empresa de recollida, pero como o Concello non tome medidas, isto vai parecer un pobo sen Lei. A parte da creación do tan demandado Punto Limpo, ao mellor coma efecto disuasorio poderíase colocar un cartel advertindo que depositar enseres fora dos días sinalados carrexará unha sanción, porque isto non pode ser.


Neste outro caso si que non se salva o Concello nin a empresa que xestiona a recollida do lixo, porque isto leva así máis dun mes e se ollan as fotos ampliadas, comprobaran que non esaxero. Para quen no coñeza a zona, engadir que isto está a tan só 50 metros da praia da Aguieira.


 

1 comentario:

  1. Paco do martelo falate o fouciño, martelo para golpear e preparar, e fouza para liberar, non hay vergoña tes tanta razón, canto cinismo en estas datas, sigue asi adiente, saudos ribeira.eu e -a25abril.org, espero te goste

    ResponderEliminar

Os comentarios son libres, só pido sentido.