xoves, 31 de decembro de 2009
Moita precaución ao volante
Pasadas as 12 e media do mediodía na estrada Ribeira-Aguiño, pola costa, acontecía un aparatoso accidente no que se viron implicados dous coches.
Afortunadamente todo quedou nun susto, pero vendo a traxectoria do coche vermello e como quedou, puido ser unha traxedia.
De quen é a culpa?
Contedor na estrada Ribeira-Aguiño
Un contedor de papel e cartón case ateigado e ao seu arredor, caixas de cartón depositadas sobre a calzada e a beirarrúa e invadindo unha propiedade privada. Non terían outro sitio onde depositalas?
Á empresa "que cobra" por baleiralos contedores, tamén lles vale.
Á empresa "que cobra" por baleiralos contedores, tamén lles vale.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)