sábado, 22 de agosto de 2009

Feira artesanal e mariñeira de Ribeira 2009

FOTO DENUNCIA
Hoxe comezou en Ribeira a Feira Artesanal e Mariñeira 2009 e como poderán ollar nesta pequena reportaxe, hai de todo, dende estes cables enganchados desta forma tan insegura e perigosa, abundantes postos de artesanía e mesmo varios artistas elaboran as súas obras cara ao público.
No tocante á foto denuncia, parece mentira que as autoridades civís, xudiciais e forzas de seguridade se esquezan tan pronto do que acontecido fai un par de anos.

Canteiro dando forma de pelícano a unha pedra Ebanista facendo un escudo
Grella
Bolos preñados
Gaiteiros na taberna
Nunha feira tampouco pode faltar a música da nosa terra