sábado, 4 de xullo de 2009

Nebran con orgullo


Mentres que a un veciño ou veciña parece que lle molesta todo que fago por Internet, promocionando e lucindo con orgullo o nome da nosa parroquia, aproveito para amosarlle varias anécdotas ou coincidencias sobre o nome de Nebra:

Foi o segundo faraón da Dinastía II de Egipto e reinou c. 2800-2785 a. C.

Pobo alemán situado en Burgenlandkreis, Halle, Sachsen-Anhalt: Satellite Images of Nebra

Asteroide nº. 69264 da serie (1988 PE4): (69264)_Nebra

É o apelido dunha familia española de músicos:

José de Nebra
Francisco Javier de Nebra
Joaquín Ignacio de Nebra

Por outra parte fai tempo atopei a bitácora desta mexicana María García Esperón, dedicándonos un artigo: La Nebra gallega.

Para min incluso foi un orgullo, porque para acompañalo seu artigo incluso se valeu dun vídeo e fotos que teño en Internet.

Dicirlle ao amable anónimo que é o único "roubo" que coñezo e que non quero falar moito para non gañarme máis inimigos, pero que poderíamos falar por exemplo do espolio feito sobre todo no noso Patrimonio de ríos, que "adornan" algúns xardíns e casas.

Seguindo coa bitácora de María, que parece estar dirixida á promoción de libros de literatura infantil e xuvenil, ademais de ser escritora, podemos atoparnos coa presentación do libro Nebra, de Arturo Ortega Blake, aínda que neste caso non ten nada que ver coa nosa parroquia, se non co pobo alemán onde se atopou El disco de Nebra

Neste enlace teñen máis información da presentación do libro: Nebra una mirada milenaria

Toda información sobre esta xoia prehistórica datada sobre 1600 años adC: Disco celeste de Nebra

O que son as cousas, en tan poucas letras leveinos de Galiza a Exipto, pasando por Alemaña e rematando no País irmán de México.