sábado, 15 de agosto de 2009

Outra lembranza de festas


Como poden observar, o cartel esta en castelán e mesmo o nome do concello, pero xa se empezaba timidamente a poder escribir algo en galego :b:

Corría o ano 1981 cando catro xoves de Nebra: José Manuel do Caseiro, Pepe do Facho, Antonio do Martelo (meu irmán) e o desaparecido José Ramón de Maián, decidiron retomar as festas do 15 e 16 de agosto despois de levar moitos anos sen celebrarse.

A raíz desa supresión, a festa do Carme que se celebraba o 17 de agosto pasou a celebrarse xunto coa de San Ramón.

Supoño que xa non existiran estes grupos, coma outro que había en Ribeira que se chamaba Petoucos e Reboulos, cos que contactaran tamén. Este grupo era moi novo e para facer promoción, incluso creo que lles viñan pola cea.

Outras anécdotas:
  • Xuntaron aproximadamente 260.000 ptas e contactaron coa orquestra Montes que lles pedira só para o 15, trescentas mil ptas.
  • Querían contratar o gaiteiro sen fondos e recadalos levándoos a tocar de porta en porta. Saíulles ben a cousa ao non arriscarse, eu en 3 días percorrendo tódalas aldeas, algo que nunca se fixera, recadara só 3.600 ptas e cobraranme os gaiteiros 90.000 ptas.
  • A última foi cun foguete que explotou por riba da cabeza de José Manuel, que os lanzaba.
Este ano ao igual que pasou en maio non temos festas, e corremos o risco de que as do Carme e San Ramón, 30 e 31 de agosto e Balbanera 20, 21 e 22 de setembro, leven o mesmo camiño. Haber se a xente tomou nota do que nos dixo Don Ramón, o párroco.

Para animar un pouco a hora da misa e a procesión, o meu fillo decidiu amenizalas coa gaita e a caixa. Soubo a pouco, pero non quedou a cousa tan insípida.

A misa foi oficiada por un nebran de pro do que teño pendente unha entrada: o padre López Calo


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Os comentarios son libres, só pido sentido.