mércores, 1 de xullo de 2009

Festas de San Cristovo en Porto do Son

Recunca de novo a Porto do Son o día adicado ao San Cristovo. Curiosamente ao mesmo tempo, desaparecen as festas de Santa Isabel.

Vendo o programa, parece que teremos outro fin de semana sen tempo para o aburrimento.


Un pouco de historia; San Cristovo, Patrón dos condutores

San Cristovo é o patrón dos condutores, iso ninguén o dubida. Pero ¿coñecemos algo da historia que desencadeou isto?

San Cristovo é o popularmente xigante que outrora podía verse á entrada das cidades. Críase que simplemente con mirar a súa imaxe o viaxante quedaría libre de todo perigo perante a viaxe. Máis tarde os profesionais da estrada empezaron a portala súa imaxe co mesmo fin, e aos poucos foi estendéndose a todo tipo de usuarios da vía.

A festividade de San Cristovo celébrase o día 10 de xullo. Contan que Cristovo era un home fornido e de gran corpulencia que traballaba na beira dun rio portando a todo aquel que quixese atravesalo. Cóntase que era un home xeneroso e que cruzaba a quen fose aínda que non puidese pagarlle. Nunha ocasión cruzou a un home e estrañouse porque non pesaba nada, era coma se non levase carga, ao chegar á beira o home díxolle que era Xesús.

San Cristovo por este motivo é representado portando ao Neno Xesús. Por iso é polo que fose tomado como patrón, nun primeiro momento polo gremio dos arrieiros, que foron ampliados aos camioneiros e finalmente a todos os condutores.


A existencia de San Cristovo foi probada por numerosos autores. Entre outros, polos Bolandos na súa obra monumental sobre os Santos. Demóstrana, por outra banda, os martiroloxios e misais antigos e o breviario mozárabe. Neles é consignado Cristovo como «mártir de Cristo, baixo o reinado do emperador Decio». Dan fe así mesmo as numerosas reliquias desperdigadas polo orbe cristián, veneradas desde tempos moi remotos. Algunhas foron traídas a España, ao parecer pouco despois do martirio. Un brazo consérvase en Compostela, unha mandíbula en Astorga, e posúen varias outras: Toledo e Valencia.

Segundo a tradición, foi Cristovo o primoxénito e unixénito dun rei cananeo, e naceu en Sidón ou en Tiro. Antes de ser bautizado chamábase Relicto. Tiña gran porte, verdadeiro xigante pola súa estatura, de cabeleira loura, ollos claros e mirada penetrante; e espertaba en todos excepcional simpatía.

San Cristovo

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Os comentarios son libres, só pido sentido.