Amosando publicacións coa etiqueta Virxe das Cabezas. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Virxe das Cabezas. Amosar todas as publicacións

domingo, 8 de outubro de 2017

Romaría da Vixe das Dores de Nebra ~ 2017

Este ano por mor dunha promesa á que me ofreceron, ás 8 da mañá xa estaba na Romaría da Virxe das Cabezas (Fruíme-Lousame) para escoitar unha misa e logo como me invitaron a comer Á Pobra, alí pasei o día entre a Procesión do Nazareno e a comida familiar, polo que salvo os vídeos que acompañan a entrada non recompilei máis material.

Por mor da choiva foi unha noite moi aciaga o que motivou que por varias veces a orquestra se vise na obriga de facer varia paradas e eu non poder gravar máis.






venres, 19 de setembro de 2014

As Cabesas 2014: Fruíme

Por que haberá xente tan mala e ruín?

Nota da comisión na súa conta de Facebook

A comisión da festas de Fruíme agradece as "persoas" que desinteresadamente se molestaron en retirar os carteis que puxemos polas comarcas de Barbanza,Muros-Noia e Sar anunciando as festas das Cabesas.

Que saibades que nos mundos que estamos chegan as redes sociais para anunciar as festas e xa todo o mundo sabe que son o terceiro domingo de setembro, que hai churruscada gratis o sábado e mexilloada o domingo e que a Panorama e Costa Oeste actúan o luns e tamén saben onde queda Fruíme, porque e un público fiel, sabio e intelixente.

Por outra banda, xa que estades tan ansios@s en colaborar coa comisión de festas de Fruíme, e dado que non sodes de moi lonxe invitamovos a vir o martes 23 de setembro as 4 da tarde, a axudarnos a limpar o campo da festa e atrio parroquial, contamos con vos.

Por último agradecervos a todos o apoio e ánimos que nos estades dando, e agardamovos en Fruíme este fin de semana para desfrutar da festa das Cabesas.

GRACIAS A ToD@S.