venres, 14 de decembro de 2018

Da a cara e aprende... isto é un chorón!!!

Sauce chorón
Supoño que coa ligazón que che puxen quedaríache ben clara a miña queixa, mais se non é así agora que unha vez subidos os vídeos e editalos e facelos públicos, amplío a información, mellor con esta entrada, aproveitando quo blogue é meu e para que a súa lectura sexa máis amena, seguramente non che guste o que diga, mais como teño máis lectores que ti, e seguramente o aprecien a claridade coa que digo as cousas sen ter que agocharme tras o anonimato.

Nesa resposta pasóuseme o detalle do día e hora de que mentres estaba gravando o evento para que a nosa xente emigrante como ben sabes tamén o fun, teñan a oportunidade de ollar como se desenrolou todo, ti estabas máis interesado en criticarme, ora que non sei se é porque che debo algo ou quizais porque non che caio ben. A túa breve crítica demóstramo.

Neste caso que me afecta foi moito máis legal Angel que me pediu as fotos para o libro da festa do ano pasado a da Igrexa saqueilla expresamente, antes que facerlle a mesma captura da Wikipedia: Images may be subject to copyright: "As imaxes poden estar suxeitas a dereitos de autor". Foto que nada ten que ver a como está agora esa parte do cemiterio.

Mais aproveito para ampliar máis datos até La Sexta tivo a ben pedirme autorización expresa para usar un dos meus vídeos gravado na Feira Internacional de Silleda e mesmo un escritor unha foto que tiña publicada para o libro que estaba escribindo, a todos cedinlles os meus dereitos sen ren a cambio. Polo que vexo agora, esa mesma foto xa foi utilizada con anterioridade para outro programa das mesmas festas.

Só que neste caso ao non ser a cor a pesar de colgalo neste outro blogue que pechou que o tiña dedicado expresamente a promocionar este tipo de eventos da parroquia, non me decatei.

Cousa ben distinta é que este comparta a mesma información que colguei, porque axuda e multiplica a divulgalas festas

Chorar si que me choraban cando tiven as festas un foguete por sacalos santos e o primeiro ano que fomos tiralos fogos ao Cruceiro de Tores non houbo quen os sacara foi no ano 1979, mais lémbroo como se fose hoxe.

1 comentario:

  1. Hola Paco, muy interesante tu blog. Si fueras tan amable de contactar conmigo a esta dirección: drew94@outlook.es
    Andrés (Madrid)

    ResponderEliminar

Os comentarios son libres, só pido sentido.