domingo, 31 de maio de 2015

Cabo de Cruz, Castro

Cabo de Cruz é unha localidade marítima da parroquia de Castro. A parroquia foi constituída en 1929. Está situada no Sur do Concello de Boiro pertencente á Ría de Arousa. Nos últimos anos notouse o descenso poboacional, chegando a ter en 1999 uns 3.000 habitantes.

O castro do Achadizo é un poboado castrexo fortificado da Idade do Ferro. Estivo habitado principalmente entre os séculos VI e II a. C.

Pertence ao tipo de castros denominados «costeiros». A súa aparencia está moi desfigurada polo barrio construído sobre gran parte do depósito. As escavacións realizadas sacaron á luz varias estruturas arquitectónicas de carácter habitacional e restos da muralla, así como varios cuncheiros. Estes vestixios foron consolidados, sinalizados e integrados nesta área pública.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Os comentarios son libres, só pido sentido.