domingo, 15 de decembro de 2013

Macromercadillo solidario de Arca

No día de hoxe celebrouse no polideportivo de Lousame, entre as dez da mañá e as oito do serán o primeiro macromercadillo solidario de Arca. Había un pouco de todo: roupa, complementos, artesanía, libros, pasteis, tortas, empanadas.

Os raparigos e raparigas puideron divertirse nos obradoiros infantís, xogando nos inchables e participando nun obradoiro de globoflexia, de maquillaxe infantil e tiro con arco.

Tamén había varios cans na busca dun novo fogar..., dunha nova familia.




Ningún comentario:

Publicar un comentario

Os comentarios son libres, só pido sentido.