domingo, 24 de febreiro de 2013

Lembrando de novo a Rosalía (176 aniversario)

Ao longo do mes de febreiro e marzo do ano pasado coincidindo co 175 aniversario do seu nacemento, despois de mergullarme polo ciberaire partillei nunha serie de 21 entradas, parte da súa vida e obra. Este ano con motivo do 176 aniversario, apetecíame participar nalgún dos innumerables actos públicos que ao longo desta semana organizáronse na súa honra por toda bisbarra: Santiago, Pobra do Caramiñal, Noia, Ribeira, Rianxo, Taragoña, etc. Ademais de innumerables colexios e asociacións culturais- Mais trala operación á que fun sometido no complexo Hospitalario de Santiago de Compostela (CHUS), de momento debo gardar repouso. Malia todo non quixera pasar por alto este aniversario para facerlle novamente a miña particular homenaxe.

Nesta entrañable imaxe familiar de Rosalía xunto ao seu home Manuel Murguía están con cinco dos sete fillos que tiver: Amara, Aura, Ovidio, Gala e Alexandra. Os outros eran: Adriano Honorato, que morreu ao caerse dunha mesa e Valentina que naceu morta.
Panteón de Rosalía no convento de Santo Domingo de Bonaval
Agardo que gusten da colleita...



















Ningún comentario:

Publicar un comentario

Os comentarios son libres, só pido sentido.