martes, 7 de agosto de 2012

Festa Hortera 2012


Perrucas de tódalas cores, maquillaxes, anteollos fashión, pantalóns de campá, de pitillo, cortos, axustados, mallas, traxes de época, etc., non faltou de nada e máis dun roupeiro quedou patas arriba, para que rapaces, mozos e non tan mozos, puidesen celebrar por todo o alto a 12 + 1 edición da Festa Hortera de O Son.

Polo serán deron comezo os actos co desembarco no peirao e primeira parada obrigatoria, para a medida que se recuperaron os folgos nos bares do entorno, continuala marcha con avituallamento en todo aquel que se interpoñía no camiño.

Xa pola noite na praza de España, Gaspar caldeou o ambiente, ata que comezou a cesión de Playback, con unha nutrida e férrea competencia entre tódolos participantes. Gañou Cristina, que o bordou co tema: Yo no te pido la luna.

Houbo elección do príncipe e da princesa hortera, recaendo este último título en tres rapazas. Houbo unha mención especial para Rosalía, pola súa implicación na festa. Pero os que a coñecemos, sabemos que é todo un torbellino e apuntase a todo, puído ser ver incluso na recen rematada feira celta.

Isto só é unha pequena mostra do que foi o descorrer desta edición, onde unha vez máis, como se pode ollar nas fotos e vídeos, o futuro ven pegado forte .

Festa Hortera 2012





























Ningún comentario:

Publicar un comentario

Os comentarios son libres, só pido sentido.