luns, 17 de outubro de 2011

Doce anos lembrándoos


Un ano máis veciños de Nebra e doutras parroquias do concello, xunto con familiares das cinco vítimas brutalmente asasinadas naquel nefasto 12 de outubro de 1916, volvemos a xuntarnos para tributarlles a 12º homenaxe, que tal e como reflectía o programa, tivo dúas partes: unha relixiosa con misa na súa memoria e outra civil, coa tradicional ofrenda floral aos pes do monólito.


A máis, entre os asistentes atopábase o alcalde do Concello de Porto do Son, Luís Oujo, terceiro alcalde que acode á cita, o exalcalde Manuel Tomé e Marisa Otero, sobriña do padre López Calo, que como invitada especial dirixiu unhas verbas na súa lembranza e comunicounos en primicia a gravación da curtametraxe: Nebra, onde entre outras cousas recrea este terrible acontecemento.

Noticias de lo del Son
Diario de Galicia (17-10-1916)

Otra víctima más que sumar a las tres anteriores, Generosa Vidal Cadórniga, fallecida anteayer en el Son.
La finada fué gravemente herida el día de los sucesos, y a causa de su estado delicadísimo no pudo ser conducida hasta esta ciudad (Santiago de Compostela), como ocurrió con Roque Maneiro que continúa grave en el citado municipio.
Son ya cuatro, por lo tanto, las personas que han fallecido, víctimas de las heridas que recibieron en Cans; y quiera Dios que no sucumba ninguna otra de las que siguen en mal estado.
En la mañana de ayer fué operada en el Gran Hospital, por el hábil e inteligente Cirujano Dr. D. Fernando Alsina, Rosa Carou Maneiro, que sufría la fractura de la pierna derecha, la cual le fué amputada.
La autopsia del cadáver de Ramona Suárez Pouso, que suponíamos que seria practicada ayer lunes, se hará hoy, a las diez de la mañana, estando encargada de practicarla el Médico forense Sr. Cunqueiro y el Profesor auxiliar de medicina D. José Puente Castro.
La desgraciada Ramona Suárez era vecina de Puilla y estaba casada con José Calo.


Aquel 12 de outubro, Xenerosa Vidal que residía na aldea de Puilla, estaba esfollando millo e cando escoitou o estalo dos foguetes «era o aviso para xuntarse na aldea de Cans», en contra da opinión do seu home que non quería que fose, deixou todo e colleu a Rosa, a súa filla, que a tiña sentada nun cesto e deixouna a cargo da miña bisavoa. De Puilla colleu o camiño da Buarza para baixar hasta Cans pola corredoira da misa. Horas despois malferida e deitada nunha escaleira a modo de ancarella, levárona para casa onde falecería tres días despois.
Sen que teña nada que ver con este feito, pero que lembro coma se fose hoxe e que a xente sempre tratou coma «cousas do destino», lamentablemente aquela rapaza faleceu atropelada nos anos 70 sobre a ponte Quintáns, que distan un quilometro unha da outra.

As feridas inflixidas a Roque Maneiro no foron a consecuencia das dúas descargas que a Garda Civil fixo nun primeiro instante sobre a xente, como relatan as crónicas, se non que foi por reprendelos porque en vez de prestar auxilio aos feridos, deron media volta regresar a Portosín e poder defender ao alcalde de posibles represalias. Cando o grupo estaba a altura da «casa da Carballeira», un número dou media volta e foi cando lle descargou o tiro que o deixou mal ferido. Achega aportada por unha testemuña presencial: a señora María de Olveira. Outros veciños de Cans que tamén me puxeron ao tanto de todo isto, foi o señor Pepe, o cego e a súa irmán.

A achega das circunstancias da vida de Xenerosa fóronme transmitidas pola súa neta, Enriqueta, persoa que un ano despois da perda de miña nai, conviviu con nós. Un día, sempre contando coa súa aprobación, foi cando decidín comezar con esta xeira de homenaxes e colocarlles o monólito.

Recunco do cemiterio, como afastadas do resto, as tumbas tamén de Francisca Carou e Antonio Sobrado, coñecidas como «as tumbas dos tres fusilados». Segundo me comentaron, fai anos plantarase un arbore na súa lembranza, pero coa ampliacións posteriores do cemiterio, cortárono.
Rosa Cadórniga e Ramona Suárez, foron soterradas en Santiago.


Sepultura de D. José Vinagre Olveira, presbítero da parroquia que acudiu en auxilio das vítimas. Faleceu meses despois.


O acto na prensa:
Nebra evoca el recuerdo indeleble de sus mártires
La crónica que impulsó la cita

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Os comentarios son libres, só pido sentido.