martes, 7 de xuño de 2011

Segue a burla!



Xa perdín a conta das semanas que de novo na miña aldea e a carón deste contedor, levan tirados estes escombros. De feito o vídeo graveino o 22 de maio, día de Santa Rita. Supoño que foi hoxe cando levaron parte do que aparece nel e algúns máis que xa se foron acumulando a posteriori, pero non teño explicación porque fai tempo que non deixan en condicións a zona o día que corresponde a súa limpeza.

Outro tanto pasa cos contedores, que soltan un cheiro que tira para atrás. Unha vez máis inquiro a quen corresponda, os "aldeáns" non temos os mesmos dereitos que os da "city"?

As fotos son de hoxe, primeiro martes que segundo reza no cartel, toca recoller, eu engado..., deixar impoluta a zona.

Foto engadida o día 10 de xuño

Non foi no intre da toma da foto, pero o que tirou as uralitas veume e sabe que eu tamén o vin a el.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Os comentarios son libres, só pido sentido.