Coa queima do Felipiño remataron os actos do Entroido 2011 organizados polo Concello de Porto do Son e a Consellería de Cultura. Perante o seu último percorrido estivo moi ben acompañado polas súas viúvas, moitas moi noviñas, pero todas moi pouco compunxidas, nada que ver coas bagoas e lamentos que derramabamos fai uns anos. No meu caso custábame unha semana recuperarme das molestias na gorxa.
Para que a festa non decaia, os veciños de Miñortos capitaneados por Víctor León, xa nos mandaron as invitacións para que o día 12, sábado de Piñata, acudamos ás 18:00 horas á degustación de filloas e outros produtos típicos destas datas. Seguro que as filloeiras da señora Ramona do Gorrión, estes días non paran.
A Orquestra Gran Estelares amenizara a velada e cumpre ir disfrazados, para poder optar a algúns dos más que interesantes premios que nos teñen preparados.
Aínda que o meu non é facer coplas de Entroido, déixolles estas dúas que fixen para subir ao perfil do facebook

Moitas viúvas e fillos deixou
o langrán do noso Felipiño
por iso levámolo o Tendedeiro
para poñelo ben quentiño
o langrán do noso Felipiño
por iso levámolo o Tendedeiro
para poñelo ben quentiño
Aínda non ardera no inferno
o pobre do Felipiño
a súa viúva buscou consolo
nun mozo ben inchadiño
o pobre do Felipiño
a súa viúva buscou consolo
nun mozo ben inchadiño
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Os comentarios son libres, só pido sentido.