venres, 9 de outubro de 2009

Dez anos lembrándoos


Un ano máis e xa van dez, volvemos facer un chamamento a xuntarnos e lembrar aos veciños de Nebra, caidos hai xa 93 anos, nun acto aberto e público en Cans fronte ao monolito erixido por circunscrición popular, e ao que agora acompaña un panel informativo sobre o acaecido, que foi promovido polo Concello o pasado ano.

O luns 12 de outubro ás 18:00h, volverase lembrar e honrar cunhas flores aos que nos deixaron neses sucesos: Antonio Sobrado Luaces, Francisca Carou, Ramona Suárez Pouso, Xenerosa Vidal e Rosa Cadórniga Maneiro.

Non me gusta ter que repetir as cousas, pero, quero deixar claro que esta é unha xuntanza aberta a calquera persoa: veciño, familiar ou simplemente interesado no feito acontecido, e que non promove ningún tipo de ideoloxía política. O ano pasado tivemos unha pequena "falta de concienciación" sobre o verdadeiro motivo da homenaxe que agardo non se repita.

Co tempo, e coa correspondente labor recompiladora, farei unha entrada máis estendida sobre como foron aqueles días, o que levou a eses veciños a poñerse diante de forzas armadas e a repercusión que tivo días despois, a cal se foi perdendo co tempo ata pasar a ser case esquecido.

1 comentario:

  1. Boa iniciativa, unha vez máis! haber se me achego ata cans o vindeiro luns dia do Pilar.

    ResponderEliminar

Os comentarios son libres, só pido sentido.