domingo, 6 de setembro de 2015

Porto do Son «Festas do Carme 2015»

Luns 7, véspera

Pasarrúas pola Banda de Música de Caamaño e concerto na Praza de España.

17:00H. Xogos tradicionais da man da Asociación Galega do Xogo Popular e Tradicional.

23:00H. David Bello dará lectura ao pregón da festa na Praza de España.

Verbena coas Orquestras Nueva Generación «Praza de España» e Cinema «Explanada portuaria».

Martes 8, Virxe do Carme

Dianas e alboradas polo grupo de gaitas Rumbía e a Banda de Música de Lousame.

11:30H. A Virxe do Carme sairá en procesión da capela até a explanada do porto.

12:00H. Misa solemne na explanada portuaria, cantada pola Coral Aturuxos. Ao remate concerto da Banda de Música de Lousame.

18:00H. Procesión marítima, acompañada pola Banda e regreso da Virxe á capela.

22:30 H. Verbena coas Orquestras Essencia «Praza de España) e Filadelfia «Explanada portuaria».

Mércores 9, Virxe de Loreto

Dianas e alboradas polo grupo de gaitas Rumbía e a Banda de Música Caamaño.

Misa a cada hora na capela de Loreto dende 08:00H até as 12:00H, esta será cantada pola Coral Virxe do Carme.

13:00H. Misa solemne cantada polo coro parroquial.

13:30H. Sardiñada no campamento Virxe de Loreto amenizada polo grupo de gaitas Rumbía e Paco de Leña.

22:30H. Verbena coas Orquestras Jerusalén «Praza de España) e Palladium «Explanada portuaria».

Xoves 10, San Roque

Pasarrúas pola Banda de Música de Brión.

12:00H. Misa solemne e procesión na capela da Atalaia, cantada polo Coro Virxe do Carme e acompañada da Banda de Música de Brión. Ao remate, concerto da banda na Praza de España.

17:00H. No xardín do porto, xogos e inchables para os cativos.

22:30H. verbena coas Orquestras Marbella «Praza de España) e París de Noia «Explanada portuaria».

Venres 11, Virxe da Caridade

Pasarrúas pola Banda de Música de Outes.

12:00H. Misa cantada, polo coro parroquial e acompañada pola Banda de Música de Outes. Ao remate, concerto da banda no porto.

16.00H. Campionato de Fútbol nos xardíns.

18:00H. Pasarrúas pola Charanga Mekanika.

22:30H. Verbena coas Orquestras Televisión «Praza de España) e Combo Dominicano «Explanada portuaria».

00:00H. Sesión de fogos de artificio. Ao remate, pasarrúas e festa da auga, acompañada da Charanga Mekanica, con remate final da traca na praza de España.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Os comentarios son libres, só pido sentido.