martes, 7 de xullo de 2015

Feira Mariñeira de Portosín 2015

Portosín acolleu este fin de semana a Feira Mariñeira, cuxa variada programación incluíu actuacións musicais, degustacións, teatro, etc.

O sábado, a partir das 10:00 da mañá e até as 14:00 da tarde, celebrouse no peirao o II Campionato de Pesca Brillamar, no que houbo trofeos para o tres primeiros.

Tamén se celebrou o 1º Concurso de Tapas Mariñeiras, con degustacións de tapas variadas nos locais A Parada, Tella e Rosalia, Camboño, Salsa, Chaplin, Portofino, Dipietro, Lantarou, Anexo Coira e O Noso Bar, con un máis que notable éxito.

Do pasarrúas do día encargouse o grupo Pandeiromus, que tamén animou a noite, na compaña de Coanhadeira

Ás 20:30, Don Gelatti, o mago Dani García, animou a pequenos e non tan pequenos.

Ás 21:00, nunha abarrotada a Casa de Cultura celebrouse o 1º concurso de desfile organizado polas tendas Lyary Moda, Kuriosea e Isolina.

O domingo, a partir do mediodía, celebrouse a tradicional sardiñada. Mundo Troll, encargouse da parte lúdica e na Casa de Cultura, a Agrupación Cultural Deportiva Coira puxo en escena a obra de teatro Marexada.

Agradecerlle a Suso Carleos de Infoepc a invitación para gravalo desfile de moda, así como os detalles cos que me agasallou.


















Ningún comentario:

Publicar un comentario

Os comentarios son libres, só pido sentido.