domingo, 3 de maio de 2015

Con agarimo para miña nai

Con meu irmán e comigo
A principios dos 70, a súa derradeira foto
Mamá, van aló 38 anos que me deixastes, mais sígoche levando no meu corazón, e sempre que podo lévoche unhas flores e aproveito para falar contigo coas oracións que me ensinastes e que antes che ensinou a ti, a «abuelita» de A Graña, da que tampouco me esquezo, e que partiu dous anos antes que ti.

Mellor que min, ninguén sabe as calamidades que pasaches e pasamos. Porén dentro do teu analfabetismo por non ter a oportunidade ires á escola, e a pesar de non poder mandarme á estudar inculcástesme uns valores que xa quixeran algúns para si.

Mira o cruel que foi contigo o destino, que despois de «matarte» a traballar para levantala nosa casa apenas te lograstes de ela.

Se puideses escoitar esta selección musical que che dedico, estou seguro que gozarías de elas aló onde te atopes, con meu pai e os avós.








Ningún comentario:

Publicar un comentario

Os comentarios son libres, só pido sentido.