venres, 20 de febreiro de 2015

Enterro do Felipiño

O pobre Felipiño como sabe que a súa vida é moi corta aprovéitaa moi ben, dedicándose a gozala como solo el sabe, aínda que as malas linguas din que ademais de enchelo bandullo, botouse á perdición acudindo as clases das costureiras para engaiolar ás mozas.

Todos eses desmáns fóronlle lembrados polo señor cura «personaxe caricaturizado por Lito» e pola súa «viúva Manolit@», durante o seu "paseo" cara ao seu axustizamento, do que non se salvou a pesar de non se poder demostrar que participou na desfeita de Bankia, nin de que lle roubou co coxíns ao Rato.

Unha vez máis, o pobo sabio, púxose anos luz por diante dos xuíces!!!






Ningún comentario:

Publicar un comentario

Os comentarios son libres, só pido sentido.