sábado, 22 de novembro de 2014

CURSO: RECURSOS TIC NA XESTIÓN DE ASOCIACIÓNS

En liña coa acción formativa dirixida a fomentar o tecido asociativo en Porto do Son, que se ven desenvolvendo dende a Concellería de Servizos Sociais e Xuventude, convócase a xornada “Recursos TIC na xestión de asociacións”.

O curso impartirase o vindeiro sábado 29 de novembro, na Biblioteca municipal, en horario de 10 a 14:00 e de 16 a 18:00 horas. Un total de 6 horas de formación nas que se pretenderá dar a coñecer recursos, oportunidades e estratexias que as novas tecnoloxías ofrecen ás asociacións, facilitando tarefas de xestión e publicidade.

Máis información e inscricións na Oficina de Xuventude, ou no teléfono 981767589. As prazas son limitadas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Os comentarios son libres, só pido sentido.