venres, 17 de outubro de 2014

Nebra homenaxeou aos seus veciños asasinados en 1916



Un ano máis e van 15, un nutrido grupo de veciños da parroquia de Nebra (Porto do Son), entre os que se atopaban familiares de Antonio Sobrado Luaces, volveron a render homenaxe aos cinco veciños que foron asasinados por non menos de 30 Gardas Civís o 12 de outubro de 1916, na ponte de Cans cando trataban de disolver unha protesta contra un déficit causado polos caciques que gobernaban por aquelas datas o Concello de Porto do Son.



Ese día pouco a pouco convocados pola Liga agraria de Nebra fóronse concentrando sobre a ponte, os veciños de tódalas aldeas de Nebra e, tamén doutras do Concello, xa que o recadador pretendía embargar ao alcalde de barrio, Xoaquín Sobrado Castelo, veciño de Cans, para que o resto cedesen e pagasen.



Fronte a eles en columna de a dous foron chegando máis de trinta gardas co seu mauser, un capitán e un tenente ao fronte. Porén os veciños non se amedrentaron en gritaron a unha voz: o "déficit" non se paga. O resultado non puido ser máis desalentador, dous mortos no acto, tres feridos mortais, e outros 30 de diversa consideración. A prensa ao servizo dos caciques acusaron da refrega aos veciños e que os gardas, só se limitaron a defenderse disparando ao aire (Sic).



Os actos, organizados polo noso colaborador Francisco Calo, que prefire ser máis coñecido como Paco do Martelo, comezaron con unha misa en memoria das vítimas, rematando ás 13:00 h., coa tradicional ofrenda floral ante o monólito erixido no ano 2001, onde aconteceron os feitos.


Isaac e Ismael, foron os encargados de depositalas flores
A petición dos asistentes e antes de que un rapaz da parroquia depositase as flores, Paco dirixiu unhas verbas de agradecemento aos presentes pola súa asistencia, explicando que estaban alí por causa da sen razón do caciquismo daquela época, pero que 98 anos despois, Nebra sufría outro tipo de caciquismo, nesta ocasión personificado na figura do presidente da comunidade de montes e destacado membro da Asemblea Local do BNG sonense Santiago Suárez, negándose a convocala asemblea ordinaria que tiña que celebrarse segundo a Lei e os Estatutos comunitarios, antes do remate do mes de xuño, darlles as contas e explicarlles con quen acordou cederlle parte do monte a varios gandeiros.



Rematando con esta "pulla" cara ao BNG: aproveitando que polo serán van a facelo seu acto paralelo, rétoos a que expliquen, como se pode vir loar a uns heroes que loitaron contra os caciques dando a súa vida por toda parroquia, permitindo a presenza de dito señor, que á prostre é o culpable dese acto, atribuíndose a súa potestade, cando sabe perfectamente que é falso ou vai renegar das súas palabras?

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Os comentarios son libres, só pido sentido.