mércores, 2 de abril de 2014

Ben pola Escola Obradoiro Tahúme

Banco feito no taller de carpinería, colocado no miradoiro da Atalaia.

Barbanza: Cinco escolas do Son estrean mobles grazas ao taller Tahúme de carpintería

Raquel Iglesias
As escolas de Nebra, Baroña, Queiruga, Caamaño, Lapido e Seráns estrearon mobles grazas ao taller de carpintería Tahúme. Os participantes no obradoiro realizaron andeis e outras estruturas que facilitarán a almacenaxe dos libros e xogos dos pequenos.

O estado no que se atopaba o mobiliario dalgunhas aulas facía moi necesaria unha actuación urxente, polo que o Concello de Porto do Son decidiu destinar este taller a mellorar as instalacións educativas, ao mesmo tempo que se realizaba mobiliario urbano como as xardineiras situadas no Camiño Novo ou os bancos do Paseo de Coira.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Os comentarios son libres, só pido sentido.