domingo, 20 de outubro de 2013

Un Castro na Serra do Barbanza?


Xa facía tempo que non daba unha volta polos Chans do Barbanza, e onte, a pesares de que por intres a borraxeira facía acto de presenza non me botou para atrás, porque despois da choiva do venres, sabia que as fervenzas baixarían espectaculares. Porén esta entrada non vai adicada precisamente a elas, se non a esta reconstrución que atopei ao pasala Graña e preto do deposito de carga dos helicópteros cando teñen que loitar contra o lume. Seguindo regato que se atopa ao seu carón, un quilometro máis abaixo esta a Arca do Barbanza.

Teño pasado infinidade de veces por aí tanto de rapaz como agora e a verdade que non me decatara de nada disto. Coma acontece moitas veces, salvo no caso das mámoas ou dos túmulos, unha fileira de pedras para os profanos, pódennos pasar totalmente desapercibidas.

Déuseme por chamarlle Castro, porque nalgúns as vivendas tamén eran cadradas ou rectangulares. Aínda que a verdade sexa dita, máis ben pregúntome se esa reconstrución seria parte dun. Nas xornadas de Historia que organizaba o Concello de Porto do Son tense falado sobre o tema e todo o mundo facíase a mesma preguntaba, onde vivía a xente que construíu tódolos túmulos funerarios?


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Os comentarios son libres, só pido sentido.