venres, 26 de xullo de 2013

Chove en Santiago


Concentracións solidarias no Barbanza a prol das vítimas e falecidos no fatídico accidente ferroviario acontecido no barrio de Angrois (Santiago de Compostela).

Unha vez máis, os galegos e galegas, os que puideron, deron unha mostra de solidariedade difícil de entender polos que non nos coñecen ben.

Fai uns anos este fenómeno deuse cando loitamos contra Marea Negra causada polo Prestige. Lamentablemente este tráxico accidente será moito máis difícil de esquecer, sobre todo para as familias que perderon aos seus seres queridos.

Dado que xa teño unha certa idade, lembro perfectamente outro tipo de solidariedade que había antigamente nas aldeas e parroquias, como era colaborar sobre todo nas labores agrícolas (sementeira, restreba, malla). Se non fose así moitas familias tíñano moi difícil para saír avante.

Noia
Ribeira
Rianxo



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Os comentarios son libres, só pido sentido.