domingo, 16 de xuño de 2013

Pandeirada de Nebra, Noya (Cruña)

Unha vez máis debo recoñecer que a información que, un pode atopar grazas a Internet é inestimable. Foi no ano 1984, cando tiven coñecemento de que había un peza musical titulada Pandeirada de Nebra. Esa nova transmitirama o Director da Banda Infantil de Gaitas «Os Amantes» de Negreira, que marchara a apesarado por non darlle tempo a ensaiala unha vez que os contratara para animarnos a Romaría de San Ramón dese ano.

Ano despois alguén indagoume se  letra referíase á «Nosa Nebra» ou tería como referencia outra. Obviamente se fala dun areal e unha praia aínda que non mencione o seu nome, ten que referirse á praia da «Aguieira». Particularmente non coñezo outra Nebra homónima en Galicia e a máis afastada, atopase en Alemaña.

Grazas a este blog podemos estar seguros que, é a nosa parroquia, aínda que nos sitúen en Noia. O que descoñecía como poderán escoitar no vídeo de Dhais é que alguén quixera trocarlle o título por Pandeirada de Cans, disque coma unha homenaxe ás cinco vítimas asasinadas nesa aldea.


Galicia su Música y su Arte


Geranio Torreiro Antón, Presidente de Honor do Coro "Cántigas da Terra" e ex-delegado para Galicia do Festival Interceltique de Lorient, comprácese en editar de forma gratuíta un traballo da Música e Danza, e diferentes mostras da Cultura Galega: as letras, cine, pintura, etc; na Bretaña, na citada cidade de Lorient. Este Traballo ten un contido de cerca de novecentos folios, pero se seleccionou só o relativo a Galicia, xa que foron sete países celtas: Bretaña, Irlanda, Escocia, País de Gales, Cornuailles, Galicia e Illa de Man. A información pode ser valiosa para os estudantes e persoas que lles agrade a música tradicional dos citados países, e a importancia da cidadanía dos habitantes de Lorient, que teñen un dos mellores festivais do mundo.


1 comentario:

  1. Hai un K7 coa pandeirada cantada. Chistes do Carrabouxo e pezas musicais intercaladas.

    ResponderEliminar

Os comentarios son libres, só pido sentido.