mércores, 1 de maio de 2013

Ao final non puido ser!!!

O amigo Pepe Vila de Xuño, saudando ao Secretario Xeral de CIG As Rías
Foto: Carmela Queijeiro

La Voz de Galicia: Máis de 200 persoas súmanse á manifestación do 1 de maio en Ribeira

Ao igual que me aconteceu onte que, por culpa das inclemencias meteorolóxicas desta primavera «tola», sobre todo polo frío, non puiden achegarme á Feira do Libro de Santiago. Hoxe foime totalmente imposible acudir tamén a manifestación da CIG. Sindicato ao que me afiliei por primeira vez, a mediados dos 70, cando se chamaba INTG, e do que conservo aínda aquel carné. Pola noite preparara todo e quipo «batería, cámara de fotos e vídeo-cámara» para inmortalizalo intre, e facer a miña valoración persoal aquí, polo que, sen gustarme moito, véxome na obriga de partillala versión da «prensa oficialista». Menos mal que o amigo Pepe Vila de Xuño, andaba polo medio.
As críticas á xestión do PP en Galicia e o resto de España son constantes desde que comezou a mobilización

Co son de fondo dun grupo de gaitas arrincou fai poucos minutos a marcha do 1 de maio convocada pola CIG en Ribeira.Bandeiras vermellas do sindicato nacionalista e diferentes pancartas con mensaxes de reprobación á xestión do PP en Galicia e o resto do Estado son por agora as características que marcan unha caravana formada por máis de 200 persoas procedentes de diferentes municipios de Barbanza. «Onde están, que non ven, os postos de traballo do PP» é unha das proclamas coreadas polos manifestantes.
Nota: Ollar a tres excompañeiros da Asemblea Local de O Son con esta pancarta, dáme dereito a manifestarme e dicirlles: O que fixo o presidente da Comunidade no agro de meu pai «q.e.p.d», xunto con seu curmán, o exconselleiro de Medio Rural: foi un roubo manifesto. Claro que como erades multitude na asemblea e eu só un «tocapelotas», abalastes a cacicada. Seguramente se o agraviado fose o voso pai, dubido moito que calásedes. Supoño que Ánxela como máxima responsable na Comunidade de Montes de Caamaño, e Juan, como expresidente da de Baroña, non lle fixeron o mesmo a ningún comuneiro. Polos seus actos, coñecese á xente!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Os comentarios son libres, só pido sentido.