O 7 de xaneiro de 1950, faleceu no Sanatorio do Centro Galego de Buenos Aires, Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, cúmprense polo tanto sesenta anos do seu pasamento, pero hoxe máis ca nunca, esta presente na lembranza de moitos que nos mergullamos na súa biografía, lémolos seus libros e ollámolos seus debuxos e caricaturas da Galicia caciquil, que por desgraza, aínda hoxe se poden considerar actuais.
A súa morte tivo moita repercusión no exilio, pero foi discretamente difundida en Galicia e para elo encargouse a Dirección Xeral de Prensa dirixindo esta consigna aos xornais:
Este ilustre e polifacético intelectual é a figura máis relevante da Historia da Galicia do século XX. Naceu en 1886 en Rianxo e, con once anos, tería que saír da súa vila para coñecer de preto o mundo da emigración na Arxentina. De regreso a Galicia, concluíu o Bacharelato e iniciou os estudos de Medicina (1903-1909). Nesta altura Castelao é un mozo moi dinámico, participando nalgúns episodios teatrais, pintando caricaturas e asistindo ao faladoiro do Café Colón.
En 1910 comezou a traballar como médico rural na súa vila, mergullándose na política local. Mais a profesión médica non conseguiu satisfacelo e unha crise de cegueira en 1914 precipitou o seu afastamento da Medicina. Pronunciou unha serie de conferencias como artista plástico. Concursou para entrar no Instituto Xeográfico e Estatístico de Pontevedra e gañou en 1916 unha praza de funcionario. Desde o ano seguinte, alternaría o novo traballo co de profesor auxiliar de debuxo no Instituto Xeral e Técnico da cidade.
Nesta altura Castelao é xa un artista recoñecido e o seu labor está centrado no mundo das artes plásticas: exposicións (estampas Nós) e conferencias ("Algo acerca da caricatura"). Mais tamén son anos de reflexión sobre as relacións entre a Arte e a Terra, reflexións que exporá na conferencia Arte e Galeguismo (1919) e que callarán definitivamente despois da viaxe que, en 1921, realiza por Europa (Diarios de Arte). A partir deste momento, a plástica facilitará a entrada da literatura: Cousas da vida (1922), Cousas (1929), Os dous de sempre (1934), Retrincos (1934). No ámbito persoal, sofre a perda do fillo e o agravamento da súa doenza ocular. Nestas circunstancias marchou para a Bretaña, onde comezou As cruces de pedra na Bretaña, dada a coñecer en 1930.
Coa chegada da República e a fundación do Partido Galeguista, sumarase ao Castelao artista o Castelao político. En 1931 foi elixido deputado por Pontevedra nas Cortes Constituíntes e defendeu en Madrid iniciativas do programa galeguista. A finais dese ano 1931 Castelao contribuíu con numerosos mitins por todo o país á unificación e consolidación do noso nacionalismo. Porén, en 1934 foi desterrado a Badajoz, onde comezará a redixir o Sempre en Galiza. Por fin o rianxeiro regresa a Pontevedra. Convocadas eleccións en 1936, consegue o escano con maior número de sufraxios da provincia pontevedresa. Nos anos da guerra comprometeuse enteiramente coa defensa da legalidade republicana. É a época dunha maior radicalización do antifascismo e do sentimento patriótico en Castelao, que se reflicte nos álbums de guerra (Galiza Mártir, Atila en Galiza, Milicianos), de grande difusión internacional.
Símbolo do nacionalismo galego, desenvolveu unha actividade continua no exilio. Tras unha etapa de grande expectativa, iniciada co seu nomeamento en 1946 como ministro en representación dos partidos antifascistas galegos, entrou nun período de enorme desencanto que non superaría durante a súa permanencia en París en exercicio do novo cargo. Nos primeiros meses do ano 1949 detectóuselle un cancro no pulmón que o afastou da actividade pública. En 1950, ano en que se disolve o Partido Galeguista, falece.
Segundo me comentou un curmán de meu pai, Juan Carlos Calo, que neste verán visitou Galicia por primeira vez, o seu enterro foi multitudinario. O cortexo estaba formado por infinidade de coches que se dirixían ao cemiterio da Chacarita, e chamaba a atención o espectáculo pouco frecuente en Buenos Aires, dunha ducia de carrozas ateigadas con flores. Cousas da vida como diría Castelao, el tivo a oportunidade de ler Sempre en Galiza antes que moitos de nós.
Comitiva do enterro
Edificio do Centro Galego de Buenos Aires, onde morreu
Panteón do Centro Galego no cemiterio da Chacarita (Buenos Aires)

Pequena escolma da súa biografíaHabendo falecido en Buenos Aires o político republicano e separatista galego Alfonso Rodríguez Castelao advírtese o seguinte:
A noticia do seu pasamento darase en páxinas interiores e a unha columna.
Caso de inserir fotografía, esta no deberá ser de ningún acto político.
Eloxiaranse unicamente do falecido as súas características de humorista, literato e caricaturista.
Poderase destacar a súa personalidade política, sempre e cando se mencione que aquela foi errada e que se espera da misericordia de Deus o perdón dos seus pecados.
Da súa actividade literaria e artística non se fará mención algunha do libro "Sempre en Galiza" nin dos álbums de debuxos da guerra civil.
Calquera omisión destas instrucións dará lugar ao correspondente expediente.
Este ilustre e polifacético intelectual é a figura máis relevante da Historia da Galicia do século XX. Naceu en 1886 en Rianxo e, con once anos, tería que saír da súa vila para coñecer de preto o mundo da emigración na Arxentina. De regreso a Galicia, concluíu o Bacharelato e iniciou os estudos de Medicina (1903-1909). Nesta altura Castelao é un mozo moi dinámico, participando nalgúns episodios teatrais, pintando caricaturas e asistindo ao faladoiro do Café Colón.
En 1910 comezou a traballar como médico rural na súa vila, mergullándose na política local. Mais a profesión médica non conseguiu satisfacelo e unha crise de cegueira en 1914 precipitou o seu afastamento da Medicina. Pronunciou unha serie de conferencias como artista plástico. Concursou para entrar no Instituto Xeográfico e Estatístico de Pontevedra e gañou en 1916 unha praza de funcionario. Desde o ano seguinte, alternaría o novo traballo co de profesor auxiliar de debuxo no Instituto Xeral e Técnico da cidade.
Nesta altura Castelao é xa un artista recoñecido e o seu labor está centrado no mundo das artes plásticas: exposicións (estampas Nós) e conferencias ("Algo acerca da caricatura"). Mais tamén son anos de reflexión sobre as relacións entre a Arte e a Terra, reflexións que exporá na conferencia Arte e Galeguismo (1919) e que callarán definitivamente despois da viaxe que, en 1921, realiza por Europa (Diarios de Arte). A partir deste momento, a plástica facilitará a entrada da literatura: Cousas da vida (1922), Cousas (1929), Os dous de sempre (1934), Retrincos (1934). No ámbito persoal, sofre a perda do fillo e o agravamento da súa doenza ocular. Nestas circunstancias marchou para a Bretaña, onde comezou As cruces de pedra na Bretaña, dada a coñecer en 1930.
Coa chegada da República e a fundación do Partido Galeguista, sumarase ao Castelao artista o Castelao político. En 1931 foi elixido deputado por Pontevedra nas Cortes Constituíntes e defendeu en Madrid iniciativas do programa galeguista. A finais dese ano 1931 Castelao contribuíu con numerosos mitins por todo o país á unificación e consolidación do noso nacionalismo. Porén, en 1934 foi desterrado a Badajoz, onde comezará a redixir o Sempre en Galiza. Por fin o rianxeiro regresa a Pontevedra. Convocadas eleccións en 1936, consegue o escano con maior número de sufraxios da provincia pontevedresa. Nos anos da guerra comprometeuse enteiramente coa defensa da legalidade republicana. É a época dunha maior radicalización do antifascismo e do sentimento patriótico en Castelao, que se reflicte nos álbums de guerra (Galiza Mártir, Atila en Galiza, Milicianos), de grande difusión internacional.
Símbolo do nacionalismo galego, desenvolveu unha actividade continua no exilio. Tras unha etapa de grande expectativa, iniciada co seu nomeamento en 1946 como ministro en representación dos partidos antifascistas galegos, entrou nun período de enorme desencanto que non superaría durante a súa permanencia en París en exercicio do novo cargo. Nos primeiros meses do ano 1949 detectóuselle un cancro no pulmón que o afastou da actividade pública. En 1950, ano en que se disolve o Partido Galeguista, falece.
Segundo me comentou un curmán de meu pai, Juan Carlos Calo, que neste verán visitou Galicia por primeira vez, o seu enterro foi multitudinario. O cortexo estaba formado por infinidade de coches que se dirixían ao cemiterio da Chacarita, e chamaba a atención o espectáculo pouco frecuente en Buenos Aires, dunha ducia de carrozas ateigadas con flores. Cousas da vida como diría Castelao, el tivo a oportunidade de ler Sempre en Galiza antes que moitos de nós.
Comitiva do enterro
Edificio do Centro Galego de Buenos Aires, onde morreu
Panteón do Centro Galego no cemiterio da Chacarita (Buenos Aires)
Esta é a miña pequena homenaxe a este ilustre galego, que no seu día tamén se lembrou dos mártires de Nebra.
Un padrenuestriño polos que morreron en Oseira, Nebra e Sofán!
Excelente artigo, Paco. Recomendámolo en portada. Graciñas!
ResponderEliminarParabens polo artigo
ResponderEliminar