xoves, 6 de xullo de 2017

Vídeo montaxe do BNG e vídeo ao natural


Observando algúns comentarios en redes sociais, deses que os que o emite agradece a volatilidade de tales publicacións, pois nun couto como Facebook, pérdense en días ou en horas: lembras ler, pero non lembras onde, se nun muro, nunha resposta a un comentario, nunha foto, nunha compartida... e cando queres buscar non hai maneira de dar con el.

O comentario ao que me refiro é un no que, con soberbia actitude, declaran que teñen fotos que demostran que eles coidaban as cousas. Pois velaquí, unhas fotos que amosan unha realidade doutros tempos: así estaba a beirarrúa de Cans e o entorno do monólito o día 2 de outubro de 2010, cando o BNG co-gobernaba co PSOE. Nesta situación, o meu fillo máis eu puxémonos mans á obra para deixar todo tal e como se aprecia na foto de portada. Sobra dicir que dez días despois aproveitáronse do noso traballo para facer o seu "paripé" (Santiago Suárez dixit).


Nestas, o antes e o despois de pasarmos o traballo.

A seguir comparto tamén o vídeo e fotos que fixeron. Despois de tal cousa, algúns do BNG do Son estráñanse porque en Nebra non levantan cabeza, a pesar de que en teoría teñen máis militantes que nunca. A derradeira vez que pasei por ese paseo foi o 9 de xuño e non o vín tan desfeito como se da a entender no vídeo, no que para facer máis "dramática" a montaxe sacan varias fotos das mesmas táboas dende varias posicións queren facer pasalas por outras. No caso da ducha, sóame tela visto xa polo Facebook quizais o ano pasado, así que, presuntamente, usan fotos non propias, noutro intento de poñer as cousas como non están, porque repito, cando pasei por alí, non me pareceu ver tal cousa. O malo que ten a política é que unha cousa é predicar e outra dar trigo. Onde non enganan é nas fotos das beirarrúas, na entrada a Cans. A modo de anécdota, eu mesmo auxiliado por un pau, teño capado silvas por aí como fago habitualmente polas pistas por onde paseo. Por certo, arrepiante como en tan pouco texto cometen tantos atentados ao idioma galego.



Creo que como calquera veciño pode facer, sempre que vin algún defecto nesta pasarela, pasáballe as fotos ao responsable e, no caso de que fixesen caso omiso, publicaba no Facebook. A última vez que dei conta de defectos, eran 3 ou 4 táboas en mal estado na entrada por Salagoa, que foron repostas en cuestión de días.

Como non sei quen leva a páxina de Facebook do BNG Porto do Son, convídoo ou convídoa a que revisen esta entrada que publiquei no seu día, a ver se cae na conta de que, cando os partidos se instalan no poder trocan o "chip" copiando as mala artes de criticar o que descoidaban estando na poltrona. Oxalá o resto de paseos do Concello estivesen tan mal coma este.


1 comentario:

  1. Anxela Franco Pouso Como a seman pasada fixemos o vídeo d San Pedro e algunhas cousa xa as foron arranxar"".Hoxe facemolo d unha parte d Nebra"".Limparan esta semana.........??

    https://www.facebook.com/anxela.francopouso/posts/1444618208918995

    Lo de esta señora ya es cansino. Ahora resulta que gracias a su denuncia limpiaron y pintaron la zona.
    A lo mejor por su comentario lleno también de faltas de faltas de ortografía podemos deducir quien redactó las erratas en el vídeo.

    ResponderEliminar

Os comentarios son libres, só pido sentido.