venres, 7 de xullo de 2017

Reunión do equipo de goberno coa veciñanza


Información da reunión na páxina de Facebook do Concello

O alcalde do Concello de Porto do Son Luís Oujo e o seu equipo de goberno, queren agradecer a todos os veciños e veciñas a participación nas reunións parroquiais, xa que entenden que é unha forma de democratizar a vida municipal e facer partícipe a cidadanía das intervencións e coñecer as necesidades de primeira man.

O alcalde explicou as inversións que están previstas executar como pode ser; reparación é melloras de pista, a que da acceso o punto limpo, a da Aguieira, o saneamento, os abastecementos de auga na Aguieira e cruce de Nebra, a recuperación do entorno da igrexa de de Nebra... «Pendente da cesión por parte da igrexa porque ao contrario do que pasou na comunidade cando nos cruzaron o agro coa pista polos Balados, o Concello non pon o carro diante dos bois».

Como en cada reunión, recolléronse as demandas dos veciños, que se intentarán levar a cabo na medida do posible.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Os comentarios son libres, só pido sentido.