domingo, 28 de maio de 2017

Estampas e vídeos de Santa Mariña de A Gorgosa~Camboño

Numerosos fieis celebraron o pasado xoves a Romaría de Santa Mariña de A Gorgosa en Camboño. A santa conta con numerosos fieis que cada ano achéganse de toda bisbarra para pedirlle favores pola sua doenza e para levarlle as súas promesas.

A auga da fonte atribuínlle os males da pel polo que se pode ver como a xente molla un pano de papel, para pasalo pola zona afectada, que logo depositan a secar nos arredores. Tamén é habitual que enchan unha botella da súa auga, ben para bebela no intre ou levala para a casa.

Circula unha tradición que que as mozas en idade de procurar un mozo debían acudir tres veces á capela sen pronunciar palabra, mais os mozos porfiaban en intentar facelas falar.

Orixe de esta Virxe e Mártir.



O calleiro é unha sobremesa típica que se prepara nas casas da parroquia con motivo de esta romaría.
Foto: Lucia. Bar Camboño.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Os comentarios son libres, só pido sentido.